Daniel Kaluuya (2017) |
|
Nacemento | 24 de febreiro de 1989 (35 anos) Londres, Reino Unido |
---|
Residencia | West London (en) |
---|
Educación | St Aloysius' College (en) (valor descoñecido–) The Camden School for Girls (en) Anna Scher Theatre (en) St Aloysius RC College |
---|
|
Campo de traballo | Produción de cinema |
---|
Ocupación | humorista, guionista, actor de dobraxe, guionista de cinema, produtor de cinema, actor, presentador de televisión, actor de televisión, actor de cinema, actor de teatro, director de cinema |
---|
Período de actividade | 2006 - |
---|
|
|
|
|
Daniel Kaluuya, nado en Londres o 24 de febreiro de 1989,[1] é un actor inglés.
Traxectoria
Kaluuya naceu en Londres de pais de Uganda. A súa nai,[2][3] criouno nunha vivenda municipal de Camden Town, xunto cunha irmá máis vella. O seu pai vivía en Uganda e non tiveron contacto con el ata que cumpriu quince anos.[4] Kaluuya asistiu á Torriano Primary School[5] e ao St Aloysius College, Londres.[3]
Escribiu a súa primeira obra de teatro aos nove anos e posteriormente comezou a súa carreira na adolescencia no teatro improvisado.[6] Posteriormente interpretou a Posh Kenneth nas dúás primeira temporadas da serie Skins, da que tamén coescribiu algúns episodios.[7] Kaluuya foi especialmente eloxiado pola súa actuación en Sucker Punch no Royal Court Theatre de Londres e gañou o Evening Standard Award e o Critics' Circle Theatre Award ao mellor debutante.[8] En 2018, recibiu tamén o BAFTA Rising Star Award.
A finais da década de 2000 e principios da de 2010, destacou polas súas interpretacións de Michael "Tealeaf" Fry na serie de comedia negra da BBC Psychoville, de Michael "Mac" Armstrong na serie de terror de BBC Three The Fades e de Bingham "Bing" Madsen no episodio de Black Mirror "Fifteen Million Merits".[9] Apareceu como o axente Colin Tucker no filme de espías cómico Johnny English Reborn (2011) e como Black Death in no filme de superheroes Kick-Ass 2 (2013). En 2015, tivo un papel secundario no suspense de Denis Villeneuve Sicario.
En 2017, Kaluuya realizou o seu papel revelación ao protagonizar o filme de terror de Jordan Peele Déixame saír, que lle valeu unha candidatura ao Óscar ao mellor actor.[10] A este seguírono o filme de superheroes de Ryan Coogler Black Panther (2018), Widows (2018), de Steve McQueen, e Queen e Slim (2019), de Melina Matsoukas. Pola súa interpretación do líder do Panteras Negras Fred Hampton en Judas and the Black Messiah (2021), gañou o Óscar, o Globo de Ouro, o Critics' Choice Movie Award, o Screen Actors Guild Award e o BAFTA ao mellor actor secundario.
Filmografía
Notas
- ↑ "Today in History, February 24: The calendar gets a massive makeover". The Tennessean. 24 de febreiro de 2020. Consultado o 24 de xullo de 2020.
- ↑ Collin, Robbie (13 de febreiro de 2018). "Black Panther star Daniel Kaluuya: 'Nobody says a word when a white actor goes to LA'". The Daily Telegraph. Consultado o 10 de agosto de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 "Daniel Kaluuya's Journey from the Streets of London to Hollywood". Vice (en inglés). 24 de febreiro de 2017. Consultado o 27 de decembro de 2017.
- ↑ Sulcas, Roslyn (2018). "Daniel Kaluuya Isn't Waiting for Your Approval". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 7 de xaneiro de 2018.
- ↑ "Decolonising Our Education System: The Primary School Reforming Its Curriculum". Wolf Reporter. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2021. Consultado o 19 de abril de 2021.
- ↑ Getz, Dana. "Who Is Daniel Kaluuya? The 'Get Out' Star Is Multi-Talented". Bustle (en inglés). Consultado o 27 de decembro de 2017.
- ↑ "Teen writers show their 'Skins'". The Independent (en inglés). 11 de febreiro de 2008. Consultado o 27 de decembro de 2017.
- ↑ "The London Film Critics' Circle Hands Out Nominations To Regina King, Cynthia Erivo And Daniel Kaluuya". shadowandact.com (en inglés). Consultado o 28 de maio de 2020.
- ↑ Adewunmi, Bim (1 de abril de 2017). "Why I love… actor Daniel Kaluuya". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 28 de maio de 2020.
- ↑ News, A. B. C. "Oscar nominee Daniel Kaluuya on 'Get Out': 'I was like, are you allowed to make films like this?'". ABC News (en inglés). Consultado o 2021-03-10.