Colectiv é un filme documental romanés de 2019 dirixido, escrito, producido e editado por Alexander Nanau. O filme xira arredor dun grupo de xornalistas dun diario romanés e a súa ardua loita por destapar unha fraude de seguros médicos públicos, corrupción e mala administración. O filme estreouse no Festival Internacional de Cinema de Venecia o 4 de setembro de 2019. Estreouse en Romanía o 28 de febreiro de 2020, e o 20 de novembro de 2020 noutros países.
Recibiu a aclamación por parte da crítica,[1][2] e recibiu varios premios, entre eles os Premios do Cinema Europeo e da Sociedade Nacional de Críticos de Cinema.[3][4] Foi escollido como candidato de Romanía para o Óscar ó mellor filme internacional e o Óscar ó mellor documental na 93ª edición dos premios,[5] sendo finalmente nomeado.[6]
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas