Shàonián dě Nǐ (en chinés: 少年的你) é un filme de Hong Kong de 2019 dirixido por Derek Tsang e protagonizado por Zhou Dongyu e Jackson Yee.[2] O filme é unha adaptación da novela chinesa In His Youth, In Her Beauty escrita por Jiu Yuexi. Conta a historia dunha moza de instituto que sofre abusos dos seus compañeiros, e dun adolescente problemático da rúa, cuxas vidas cambian logo de encontrarse.[3] A historia tamén aborda os seus soños e deseños respecto do futuro e de que maneira se protexen o un ó outro. O filme estreouse o 25 de outubro de 2019 na China, e o 8 de novembro de 2019 nos Estados Unidos, o Reino Unido e o Canadá. Recadou un total de 227,3 millóns de dólares[4] en todo o mundo. Foi escollido como candidato de Hong Kong ó Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios,[5] sendo finalmente nomeado.[6]
Personaxes
- Zhou Dongyu como Chen Nian
- Jackson Yee como Beishan (Liu Bei Shan)
- Yin Fang como Zheng Ye
- Huang Jue como Lao Yang
- Wu Yue como nai de Chen Nian
- Zhou Ye como Wei Lai
- Zhang Xinyi como Xu Miao
- Wu Yue como Zhou Lei
- Liu Ran como Luo Ting
- Xie Xintong como Wang Li
- Zhang Yao como Li Xiang
- Zhang Yifan como Hu Xiaodie
- Zhao Runnan como Da Kang
- Gao Xuanming como Lai Zi
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas