XVIII edición dos Premios Goya
A 18ª Cerimonia de entrega dos Premios Goya tivo lugar no Palacio Municipal de Congresos do Campo das Nacións en Madrid o día 31 de xaneiro de 2004.
Nesta edición, a AVT convocou unha manifestación fronte á gala debido a que entre as nomeadas estaba a longametraxe documental de Julio Medem La pelota vasca, la piel contra la piedra, debido a que segundo eles equiparaba ás vítimas cos asasinos.[1] Por iso pedían o apoio dos asistentes, ós que solicitaban portar un adhesivo co slogan "Non a ETA". Recordaban con isto as chapas dicindo "Non á guerra" que actores e directores non dubidaron en levar durante a XVII edición dos Premios Goya.
En devandita manifestación podían lerse pancartas con mensaxes como "Non a Medem" ou "Non ó Pelota Vasco: a caluga contra a bala". Pola súa banda, algúns dos asistentes pecharon filas arredor do seu compañeiro, e luciron os seus propios adhesivos nas que podían lerse mensaxes como "Medem Si, ETA Non", "Si á liberdade de expresión" ou "Non ó terrorismo".
A presenza galega nesta gala veu da man da película O lapis do carpinteiro con 2 candidaturas. A coruñesa María Pujalte optaba ó galardón á mellor interpretación feminina secundaria e Juan Pedro de Gaspar era candidato ó premio á mellor dirección artística, pero finalmente ningún deles se impuxo na súa categoría. O que si conseguiu o seu premio foi o lucense Luís Tosar, mellor actor protagonista polo seu traballo en Te doy mis ojos, que foi ademais a película máis premiada con 7 estatuíñas.
Presentadores da cerimonia
Candidaturas
Notas
- ↑ Redacción (25 de xaneiro de 2020). "2004 - Polémico - Historia de los Premios Goya en 33 clics". elmundo.es (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2023.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "18 Edición de los Premios Goya (2004) - Películas del 2003". filmaffinity.com (en castelán). Consultado o 15 de febreiro de 2023.
- ↑ 3,00 3,01 3,02 3,03 3,04 3,05 3,06 3,07 3,08 3,09 3,10 3,11 "GANADORES DE LOS PREMIOS GOYA 2004". fotogramas.es (en castelán). 16 de outubro de 2014. Consultado o 15 de febreiro de 2023.
|
|