Pilar López de Ayala, nada en Madrid o 18 de setembro de 1978, é unha actriz española.
Traxectoria
Empezou traballando en series de televisión como Menudo es mi padre, dirixida por Manuel Valdivia e Guillermo F. Groizard. De aí pasou a Al salir de clase e pronto deu o salto ó cine con Besos para todos. A súa confirmación definitiva foi co papel protagonista en Juana la Loca de Vicente Aranda, que lle valeu un premio Goya á mellor interpretación feminina interpretando o papel principal e a Cuncha de Prata á mellor interpretación feminina no Festival de Cine de San Sebastián.
No 2005 estreou Obaba de Montxo Armendáriz, película proposta por España aos Oscar 2005, aínda que non quedou nomeada entre as cinco candidatas á Mellor película estranxeira.
Filmografía
Televisión
Véxase tamén
Ligazóns externas