Ernesto Federico Alterio Bacaicoa, nado en Buenos Aires o 25 de setembro de 1970, é un actor arxentino residente en España. É fillo do actor Héctor Alterio e irmán da actriz Malena Alterio, e está casado coa tamén actriz Juana Acosta.
Traxectoria
Aínda que naceu na Arxentina, instálase en España coa súa familia sendo moi novo debido ó exilio que sofre o seu pai Héctor Alterio polas súas ideas progresistas e o seu activismo político de esquerdas tralo golpe de estado no seu país natal.
Tiña intención de cursar estudos de Bioloxía, pero finalmente comezou a carreira de Historia, que abandonaría pola súa vocación artística. Matriculouse na popular escola de Arte Dramática de Cristina Rota, onde coñeceu a outros actores de éxito do cine español actual como Nathalie Poza, Guillermo Toledo ou Alberto San Juan, co que formou a compañía Ración de Oreja en 1996. Coñecería tamén a Andrés Lima, que tiña o seu propio grupo de actores. Deciden fusionar ambos en Animalario, gran canteira de actores de gran fama en España e compañía caracterizada polas súas funcións críticas coa realidade social do seu tempo, coma Que te importa amor o El fin de los sueños.
A súa carreira cinematográfica comeza a destacar polos seus traballos en películas coma Mi nombre es sombra, Tengo una casa, Morirás en Chafarinas,Belmonte, Más amor que frenesí ou Dos por dos entre outras. Los años bárbaros de Fernando Colomo foi o seu primeiro protagonista en cine, xunto a Jordi Mollà e Juan Echanove.
Repetiría con Colomo en El cuarteto de La Habana, papel que lle valeu unha candidatura ó Premio Goya ó mellor actor revelación.
Los lobos de Washington, de Mariano Barroso, Insomnio de Chus Gutiérrez, ou Salvador Dalí de Carlos Saura son algúns títulos posteriores destacados na súa filmografía, pero a quen sen dúbida lle reportou maior fama foi El otro lado de la cama, película de Emilio Martínez Lázaro.
En televisión fixo colaboracións episódicas en series como El joven Picasso, Lleno por favor, Colegio mayor, Los ladrones van a la oficina e Todos los hombres sois iguales.
O seu primeiro e único papel protagonista neste medio ata o momento foi na coprodución hispanoarxentina Vientos de agua (2005), un éxito de crítica pero fracaso de audiencia no que compartiu traballo co seu pai, interpretando ambos o mesmo personaxe en distintas épocas da súa vida.
Actor comprometido, en 1998 asinou un manifesto para o cesamento da limpeza étnica de Slobodan Milošević, dos bombardeos da OTAN e a substitución das forzas militares e grupos armados en Kosovo por unha paz composta por cascos azuis mandados pola ONU. Pere Ponce, Santiago Ramos, Alberto San Juan, Julieta Serrano, Pilar Bardem, Fiorella Fantoyano, Manuel Galiana, Juan Diego Botto, María Botto, Juan Luis Galiardo, Juan Diego, Amparo Valle foron outros actores que tamén apoiaron estas causas.
En canto á súa vida persoal, a súa parella é a actriz Juana Acosta, coa que tivo a súa primeira filla, chamada Lola, en 2006.
Filmografía
Cine
Televisión
Teatro
Ano
|
Obra de teatro
|
1987 |
Muelle del oeste
|
1988 |
La boda
|
1996
|
Animalario
|
Qué te importa que te ame
|
1997 |
El fin de los sueños
|
2001
|
Rosencratz y Guilderstein han muerto
|
2008
|
Edipo rey (Festival de teatro de Mérida)
|
2011
|
Yo, el heredero
|
2015
|
Atchusss
|
Premios
Ano |
Categoría |
Película |
Resultado
|
2003 |
Fotogramas de Plata ó mellor actor de cine |
Días de fútbol |
Candidato
|
Ano |
Categoría |
Película |
Resultado
|
2005 |
Mellor actor secundario |
El método |
Candidato
|
Ano |
Categoría |
Película |
Resultado
|
2003 |
Mellor actor protagonista de cine |
Días de fútbol |
Candidato
|
2002 |
Mellor actor protagonista de cine |
El otro lado de la cama |
Candidato
|
1995 |
Mellor intérprete secundario de cine |
Tengo una casa |
Candidato
|
Véxase tamén