Alejandro de la Iglesia, máis coñecido como Álex de la Iglesia, nado en Bilbao o 4 de decembro de 1965, é un realizador, produtor e guionista de cinema español, licenciado en filosofía pola Universidade de Deusto e ex-debuxante de banda deseñada.
Traxectoria
O seu primeiro traballo no mundo cinematográfico foi como director artístico no filme Todo por la pasta, de Enrique Urbizu, traballo que repetiu na curtametraxe "Mamá" de Pablo Berguer. A súa primeira curtametraxe, Mirindas asesinas (1991), conseguiu chama-la atención do cineasta Pedro Almodóvar, e da súa produtora El Deseo Films, produciu a primeira longametraxe de Álex, Acción Mutante (1993). Seguiulle o filme que o consagraría como un dos directores máis importantes do panorama do cinema español: El día de la Bestia (1995). Esta longametraxe, considerada como un filme de culto por moitos adolescentes, conseguiu seis premios Goya, entre os que destaca o premio á Mellor Dirección. Este filme tamén encumbrou a Santiago Segura, un dos actores máis famosos do cinema español.
Máis tarde dirixiu sketches para televisión (El peor programa de la semana de O Gran Wyoming para Televisión Española e Inocente, Inocente, para as televisións autonómicas) e máis longametraxes: Perdita Durango (1997), Muertos de risa (1999), La comunidad (2000), 800 balas (2002), Crimen ferpecto (2004), The Oxford Murders (2007), Balada triste de trompeta (2010) e en 2011 estrenou La chispa de la vida, con Salma Hayek e José Mota como protagonistas.
Escribiu tamén a novela Payasos en la lavadora (1997)[1] e publicou varios artigos en prensa.
Filmografía
Longametraxes
Curtametraxes
- Mirindas asesinas (1991) [2]
- ¡Enigma en el bosquecillo! (2000)
- El código (2006)
- Hitler está vivo (2006)
- La tragedia de Franco (2009)
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas