Infancia clandestina é un filme de 2011 dirixido por Benjamín Ávila e protagonizando Natalia Oreiro, Ernesto Alterio e César Troncoso. É unha coprodución entre a Arxentina, o Brasil e España.
Aclamado pola crítica, o filme gañou dez premios da Academia das Artes e Ciencias Cinematográficas da Arxentina e cinco premios da Asociación de Críticos Cinematográficos da Arxentina, incluíndo o Cóndor de Prata ó mellor filme, mellor director, mellor guión orixinal, mellor actriz e mellor actriz secundaria. Foi escollido como candidato da Arxentina para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 85ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[2]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas