Natalia Marisa Oreiro Iglesias, nada en Montevideo o 19 de maio de 1977, é unha actriz e cantante uruguaia, nacionalizada arxentina, de ascendencia galega.[1]
Despois de realizar aparicións en anuncios publicitarios durante o seu preadolescencia, Oreiro mudouse a Arxentina en 1994 para continuar coa súa carreira. Os seus traballos máis salientables inclúen as telenovelas 90 60 90 Modelos (1996-1997), Ricos y famosos (1997), Muñeca brava (1998-99), Kachorra (2002), Sos mi vida (2006-07) e Solamente vos (2013-14).[2] Polo éxito internacional cultivado con elas, comezou a ser considerada «A Raíña das telenovelas», dando paso á denominada Oreiromanía.[3][4]
Outras ocupacións de Oreiro inclúen ser deseñadora, empresaria, modelo e presentadora. É propietaria, xunto á súa irmá, da marca de roupa Las Oreiro.[5]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas