BMG Rights Management

BMG Rights Management
Logo
Tiponegocio, editora musical, selo discográfico e división
Data de fundación1 de outubro de 2008
Director/aHartwig Masuch
Nº de empregados834 (2018) Editar o valor en Wikidata
Organización matrizBertelsmann
SedeBerlín e Quartier 205
PaísAlemaña
Na rede
https://www.bmg.com/
Facebook: BMGRM Twitter: BMG Instagram: thenewbmg Youtube: UC0wUSFftTJwDXtBAxpOAMuA Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

BMG Rights Management GmbH é unha compañía internacional de música centrada na xestión de publicación musical, dereitos de gravación e distribución de música. A empresa opera como unha división do conglomerado de medios internacional Bertelsmann. Fundouse no ano 2008 como unha empresa conxunta entre Bertelsmann e a firma global de administración de fondos de investimento Kohlberg Kravis Roberts (KKR). En marzo de 2013 Bertelsmann tomou o control de BMG mercando as accións de KKR, convertendo a BMG nunha subsidiaria total do grupo Bertelsmann. A súa sede atópase en Berlín e ten oficinas rexionais en Nova York, Nashville, Os Ánxeles, Londres, Madrid, París, Estocolmo, Hilversum, Milán, Pequín, Toronto, Sydney e São Paulo. BMG é a máis nova e cuarta maior das grandes compañías da industria musical internacional, con máis de 2,5 millóns de composicións e gravacións no seu catálogo.[1]

No presente entre os artistas de BMG Rights Management atópanse Kylie Minogue, Avril Lavigne, Dido, Lenny Kravitz, Fergie, Evanescence, Alice in Chains, A Perfect Circle, Nickelback, Blondie, The Prodigy e Blink-182.

Notas

  1. "Billboard Power 100 - No. 33: Hartwig Masuch". Billboard. Consultado o 17 de setembro de 2018. 

Véxase tamén

Ligazóns externas