Janis Joplin (1970) |
|
Nacemento | (en) Janis Lyn Joplin 19 de xaneiro de 1943 Port Arthur, Estados Unidos de América (pt) |
---|
Morte | 4 de outubro de 1970 (27 anos) Hollywood, Estados Unidos de América |
---|
Causa da morte | morte accidental, intoxicação por opioides (pt) |
---|
Lugar de sepultura | Océano Pacífico sepultamento no mar (pt) |
---|
Educación | Universidade de Texas en Austin Kenmore West Senior High School (en) Lamar University (en) Thomas Jefferson High School (en) |
---|
|
Campo de traballo | Composición musical |
---|
Ocupación | cantante, guitarrista, compositora, cantautora, artista discográfica |
---|
Período de tempo | Século XX |
---|
Período de actividade | 1962 - 1970 |
---|
Xénero artístico | Rock psicodélico, Blues, Blues rock, Soul, Acid rock, hard rock, folk e Música country |
---|
Movemento | Contracultura da década de 1960 (pt) e Hippy |
---|
Tesitura | Mezzosoprano
|
---|
Instrumento | Guitarra, guitarra acústica e voz |
---|
Selo discográfico | Columbia Records Mainstream Records (en) |
---|
|
Obras destacables |
|
Cónxuxe | sen valor |
---|
Nai | Dorothy Bonita Joplin |
---|
|
|
Sinatura |
|
Sitio web | janisjoplin.com |
---|
|
Janis Lyn Joplin, nada en Port Arthur (Texas) o 19 de xaneiro de 1943 e finada nos Ánxeles (California) o 4 de outubro de 1970, foi unha cantante estadounidense.
Traxectoria
Cantante de coro dende nena, comezou a súa carreira musical na Universidade de Texas, onde colaborou cunha banda chamada 'Waller Creek Boys', na que se mesturaba o blues co rock. As súas influencias polo blues viñeron da man de Leadbelly e Bessie Smith, as cales transmitiu ó seu propio rock, xunto coa influencia de Otis Redding.
En 1963 marchou a San Francisco, onde cantaba en locais nocturnos. Alí afeccionouse ás anfetaminas e os seus amigos devolverona á súa casa dous anos máis tarde. En 1966 regresou a San Francisco e uniuse á banda Big Brother And The Holding Company. Fixéronse moi coñecidos na cidade. O prestixio de Janis Joplin creceu, e chegaron a tocar no Monterrey Pop Festival, o que lles valeu que unha importante discográfica se fixara neles e lles propuxera publicar un disco. Pronto sacaron á luz o segundo traballo da banda, que se converteu nun grande éxito: "Cheap Thrills".
En 1968 Janis abandonou o grupo por discrepancias co resto dos membros. O éxito non lles sentou demasiado ben. En 1969, a cantante deu un paso adiante creando un grupo chamado Janis and the Joplianaires, xunto ao Big Brother Sam Andrew e outros músicos. Posteriormente cambiarían o nome da banda polo de Kozmic Blues Band.
Coa Kozmic Blues Band gravou un novo álbum: I Got Dem Ol'Kozmic Blues Again, Mama!, o cal foi recibido con frialdade polo público. Ademais, os concertos en directo eran un desastre. A pesar de que no disco se notaba o mal estado de Janis, vítima do seu consumo desmedido de alcohol, o disco tiña algunha boa interpretación da vocalista.
A súa fama foise deteriorando pouco a pouco, mentres que a súa adicción á heroína aumentaba. Morreu por mor dunha sobredose de dita droga. A título póstumo publicouse o último disco no que traballaba, Pearl, que contaba con colaboracións de Kris Kristofferson e de Bobby McGee, ademais dunha renovada Kozmic Blues Band.