O primeiro emprego de Smith foi de bailarina na compañía Moses Stokes nun espectáculo no que tamén traballaba Ma Rainey, quen non lle ensinou a cantar, pero que probablemente lle axudou a desenvolverse nos seus comezos. En 1912, o seu irmán Clarence conseguiulle o seu primeiro contrato como profesional.
Smith comezou a desenvolver o seu propio espectáculo ao redor de 1913, no teatro "81" de Atlanta. En 1917 foi descuberta nun club de Selma (Alabama) por Frank Walker (da discográfica Columbia) e en 1920 conseguira gañar unha reputación no sur e ao longo de todo o litoral leste dos Estados Unidos.
En 1923, cando o blues comeza a vender discos, asinou coa Columbia Records, e rapidamente trazou a liña da Theater Owners Bookers Association. A súa primeira gravación foi "DownHearted Blues", gravada en Nova York en febreiro de 1923, unha canción escrita e rexistrada previamente por Alberta Hunter. Ese mesmo ano grava tamén Jailhouse Blues, disco que, en certo sentido, "sinala a aparición do blues clásico".[2]
Traballando duramente no teatro durante os meses de inverno e viaxando o resto do ano (tiña o seu propio vagón de ferrocarril), Smith chegou a ser a actriz negra mellor paga do seu tempo. Realizou gravacións xunto aos artistas máis importantes do momento, como Louis Armstrong, James P. Johnson, Joe Smith, ou Fletcher Henderson.
Con Louis Armstrong gravou o tema "St. Louis Blues", que "constitúe o epítome do blues clásico e destaca polo extraordinario equilibrio existente entre a interpretación vocal e o só de corneta".[2]
De carácter forte, levou unha vida tormentosa e dilapidou a súa fortuna en homes, mulleres e xenebra. As súas cancións reflectían ese estilo de vida e esa muller que perdeu o contrato da súa vida porque tiña que cuspir e que botou os membros do Ku Klux Klan que viñan boicotear un concerto seu. Morreu dun accidente de tráfico, segundo a lenda porque non a aceptaron nun hospital para brancos.
Discografía
Éxitos
Nos Estados Unidos non existiu ningunha lista de éxitos discográficos a nivel nacional até 1936. A listaxe que aquí se presenta compilouna con posterioridade o historiador da música Joel Whitburn.
Ano
Single
US
Pop
1923
"Downhearted Blues"
1
"Gulf Coast Blues"
5
"Aggravatin' Papa"
12
"Baby Won't You Please Come Home"
6
"T'ain't Nobody's Biz-Ness if I Do"
9
1925
"The St. Louis Blues"
3
"Careless Love Blues"
5
"I Ain't Gonna Play No Second Fiddle"
8
1926
"I Ain't Got Nobody"
8
"Lost Your Head Blues"
5
1927
"After You've Gone"
7
"Alexander's Ragtime Band"
17
1928
"A Good Man Is Hard to Find"
13
"Empty Bed Blues"
20
1929
"Nobody Knows You When You're Down and Out"
15
Singles de 78 RPM — Columbia Records
A-3844
"Gulf Coast Blues"
1923-02-16
A-3844
"Down Hearted Blues"
1923-02-16
A-3877
"Aggravatin' Papa"
1923-04-11
A-3877
"Beale Street Mama"
1923-04-11
A-3888
"Baby Won't You Please Come Home"
1923-04-11
A-3888
"Oh Daddy Blues"
1923-04-11
A-3898
"Keeps on A Rainin All Time"
1923-02-16
A-3898
"Tain't Nobody's Bizness if I Do"
1923-04-26
A-3900
"Outside of That"
1923-04-30
A-3900
"Mama's Got the Blues"
1923-04-30
A-3936
"Bleeding Hearted Blues"
1923-06-14
A-3936
"Midnight Blues"
1923-06-15
A-3939
"Yodeling Blues"
1923-06-14
A-3939
"Lady Luck Blues"
1923-06-14
A-3942
"If You Don't, I Know Who Will"
1923-06-21
A-3942
"Nobody in Town Can Bake a Jelly Roll Like My Man"