María Valverde Rodríguez, nada en Madrid o 24 de marzo de 1987,[1][2] é unha actriz española, gañadora do Goya á mellor actriz revelación 2003 polo filme La flaqueza del bolchevique. É coñecida por interpretar o papel de Babi no exitoso filme español Tres metros sobre el cielo, estreado o 3 de decembro de 2010, que protagonizou xunto ao galego Mario Casas.
Traxectoria
Debutou aos 16 anos xunto ao galego Luís Tosar en La flaqueza del bolchevique (2003), dirixida por Manuel Martín Cuenca. Grazas a este papel gañou o Goya á Mellor actriz revelación. Participou en filmes como Fuera del cuerpo (2004), Vorvik (2005) ou o filme película italo-español Melissa P., baseado nun polémico libro titulado 100 colpi di spazzola prima di andare a dormire da escritora italiana Melissa Panarello.
En 2006 interpretou a Lucrecia Borgia en Los Borgia, dirixida por Antonio Hernández e xunto a Paz Vega. Un ano máis tarde promocionou, xunto a Daniel Brühl, a campaña outono-inverno de Purificación García. En 2008 participó no videoclip de The Melocotons, onde ten un papel destacado cunha estética xuvenil e desenfadada.
En decembro de 2010 é a estrea de Tres metros sobre el cielo, dirixida por Fernando González Molina e protagonizada por ela e mailo galego Mario Casas. Converteuse no filme de maior caixa en cinema de todo o ano e en 2012 estreouse a secuela: Tengo ganas de ti. En 2013 grava o filme Broken Horses en Hollywood dirixido por Vidhu Vinod Chopra.
En xaneiro de 2013, fichou por unha miniserie en Telecinco titulada Hermanos onde dá vida a Virginia e que empezou a rodar a mediados de febreiro. Esta serie é o seu segundo proxecto en televisión tralo final da serie La fuga.[3]
En setembro de 2013, María Valverde fichou para a superprodución Exodus: Gods and Kings do director Ridley Scott e na que María interpreta a Séfora, á dona de Moisés (Christian Bale), a súa estrea foi o 4 de decembro de 2014.[4]
Mantivo unha relación co actor galego Mario Casas desde 2009 até 2014, ano no que decidiron dala por rematada tras de cinco anos xuntos.
Cine
Televisión
Teatro
Ano |
Obra |
Dirección
|
2009 |
Llueve en Barcelona |
Francesco Saponar
|
2008 |
Puerta del sol, un episodio nacional |
Juan Carlos Pérez de la Fuente
|
2007 |
Lapidando a María |
Marco Carnitti
|
Varios
Ano |
Publicidade/ Moda/ Outros
|
2014 |
Anuncio de Nadal de Freixenet xunto a David Bisbal dirixido por Kike Maíllo
|
2014 |
Videoclip "Ojos color sol" de Calle 13 e Silvio Rodríguez
|
2014 |
Imaxe dos clásicos de Herbal Essences
|
2014 |
Colaboración con David Bisbal: 4 Videoclips
|
2014 |
Videoclip "Ahora o nunca" da banda Doble Elefante
|
2013 |
Imaxe do perfume Nina L'Eau de Nina Ricci
|
2012 |
Colaboración con Solocomedia.com - Sketch: "El brownie"
|
2011 |
Videoclip "Mira la vida" de Dani Martín
|
2010 |
Vídeo "La Revolución de los sentidos" para Hoss Intropia
|
2010 |
Imaxe de Hoss Intropia - Primavera-Verán 2010
|
2008 |
Presentación a prensa do produto Don Perignon
|
2008 |
Videoclip "Meg and my girlfriend" de The Melocotons
|
2007 |
Imaxe de Purificación García
|
2006 |
Presentación a prensa do produto Excel Sanex
|
2004 |
Pasarela Gaudí. Desfile: Lydia Delgado
|
2003 |
Anuncio: "Miguel Ángel" do xeado Maxibom de Camy Nestlé
|
1997 |
Cabeceira do programa ¿Qué apostamos? TVE
|
Premios
- Premios Goya
- Outros premios
- Premio Chica Men's Health (2013)
- Premio Faro joven no Festival de cine de Alfàs del Pi (2013)
- Premio á mellor actriz no Festival Camino de Santiago por A puerta fría (2013)
- Premio Fotogramas de Prata ao intérprete máis buscado na web de fotogramas (2013)
- Premio Celebrities Awards á mellor actriz de cinema (2013)
- Premio cosmopolitan Fun Fearless Female á mellor actriz de cinema (2012)
- Premio Gredos (2012)
- Premio Augurio Sita Murt no Zoom Festival Europeo de Cine para a Televisión (2010)
- Mellor actriz no Festival Screamfest de California (EUA) por El rey de la montaña (2008)
- Traxectoria nova no X Festival de Albacete- Abycine, (2008)
- Halcón Maltés nos XVII Premios Turia como mellor actriz por Ladrones (2008)
- Mellor actriz por Ladrones no XIV Festival internacional de cinema Mediterráneo de Tetuán (Marrocos), (2008)
- Mellor actriz revelación de cinema, Premios Pétalo, Cosmopolitan TV (2007)
- Mellor actriz, IV Premios Top Glamour (2006)
- Recoñecemento como Nova actriz promesa no VI Festival "Mujeres de Cine" de Granada (2006)
- Rostro máis fermoso do cinema español de Max Factor no Festival Internacional de Cine de Donostia (2005)
- Rostro máis fermoso do cinema español da Revista Glamour (2004)
- Premio Revelación do Círculo de Escritores Cinematográficos (CEC) por La flaqueza del bolchevique (2003)
- Premio Tentaciones (El País) por La flaqueza del bolchevique (2003)
- Mellor actriz revelación por La Gaceta Universitaria EME por La flaqueza del bolchevique (2003)
Notas
Véxase tamén