O misterio Galíndez (en castelán: El misterio Galíndez) é un filme dirixido por Gerardo Herrero que se estreou no 2003. Baséase na novela de Manuel Vázquez Montalbán Galíndez. Estreouse en galego na TVG o 3 de febreiro de 2012.[1]
Sinopse
A finais da década dos 80, Muriel Colbert, unha moza americana, chega a España para traballar na súa tese doutoral sobre Jesús Galíndez, un político independentista vasco exiliado nos Estados Unidos trala Guerra Civil española (1936-1939), e desaparecido en 1956 en estrañas circunstancias. Muriel ponse en contacto cun vello escritor, que lle proporciona información sobre as últimas persoas que viron a Galíndez con vida. Arranca así unha investigación que axiña pasa do ámbito académico ó político, pois os culpables da morte de Galíndez intentarán impedir por tódolos medios que Muriel esclareza e denuncie os feitos.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas