A súa sorte cambiou cando se presentou á audición da película Al sur de Granada, dirixida por Fernando Colomo. Verónica quedou seleccionada para o papel de Juliana, unha moza das Alpujarras que mantivo un romance con Gerald Brenan (Mathew Goode), do cal quedaría embarazada. Na película, Verónica transmitía unha imaxe cándida e á súa vez enérxica dunha mocidade que se vería obrigada a madurar a base dunha maior implicación coa súa realidade social.
Ó concluír a rodaxe, Luís San Narciso fixouse nela e fichouna para a serie de televisión Los Serrano, onde interpretou a Eva, a filla dunha profesora de instituto chamada Lucía (Belén Rueda) que contraía segundas nupcias cun taberneiro viúvo (Diego: Antonio Resines), cuxo fillo máis vello (Marcos: Fran Perea) se convertería na súa parella, coa que viviría momentos amargos tales como unha voda suspendida e unha infidelidade que ela cometeu co mellor amigo de Marcos, Raúl (Alejo Sauras). Pódese dicir que Eva ten polo menos 10 anos menos que a idade real de Verónica.
Por mor do seu papel na serie, Verónica foi gañando popularidade e aínda que esa fama lle acaerreou algún desgusto -o acoso da prensa rosa-, pronto esta proporcionoulle certos beneficios: a adquisición de casa propia así como unha candidatura ó Premio Goya á mellor actriz revelación que recaeu nas mans de María Valverde Rodríguez.
Mentres continuaba a rodaxe da serie, Verónica avanzaba na súa carreira cinematográfica. Protagonizou xunto ex compañeiro de piso Félix Gómez unha comedia titulada O ano da carracha. A este papel seguiulle Sara, unha estudante de universidade virxe que se integraba nun un grupo de rock chamado As Siux e que tocaba nunha coñecida discoteca o 23-F de 1981. A película chamábase El Calentito e reincidía no seu perfil de nena-adulta que perdía a súa inocencia, incorporábase ó mundo real, tomaba as súas propias decisións, impondo un criterio propio.
Antes de estrear comercialmente este filme, Verónica xa tiña en cartel Camarón, na que interpretou a Chispa, a muller de Camarón de la Isla, cuxa relación marcaría o final da súa adolescencia trala cal se convertería na sufrinte esposa dun home ao que quería axudar a superar a súa drogadicción e a vencer un agresivo cancro de pulmón que acabaría coa súa vida. Para abordar o seu papel, Verónica entrevistouse coa auténtica Dores Montaya.
Apenas concluída esa rodaxe, Verónica incorporouse á de Los 2 lados de la cama, na que encarnou a Marta, unha muller que abandona ó seu prometido para iniciar unha relación lésbica. Lucía Jiménez, Guillermo Toledo, Ernesto Alterio, Alberto San Juan, Pilar Castro e María Esteve acompañábana nunha comedia musical na que o seu personaxe sentíase pouco amada pola súa moza e á que lle concedía ó final da función a liberdade afectiva: de novo Verónica Sánchez escenificaba o proceso á madurez na gran pantalla.
En 2006 protagonizou a primeira tempada de Génesis: en la mente del asesino onde interpretou a unha psicóloga criminalista e aceptou un papel nas Las trece rosas (2007). Ó final do ano recibiu unha candidatura ás medallas do círculo de escritores cinematográficos por Mia Sarah (2006).
En 2011 participou na coprodución española, chilena e mexicana La lección de pintura realizando o papel de Elvira, unha moza do sur de Chile que ten un fillo cun excepcional talento para a pintura.