Mia Sarah é un filme galego de 2006 dirixido por Gustavo Ron.[1]
Sinopse
Samuel (Manuel Lozano), é un adolescente de 13 anos que padece agorafobia dende que os seus pais morreron nun accidente de tráfico. Encárgase del Marina (Verónica Sánchez) a súa irmá, que vive agobiada polas débedas e a enfermidade do seu irmán. Samuel desfaise de todos os seus profesores particulares e dos psicólogos coa axuda do seu avó Paul (Fernando Fernán Gómez), o cal que anoxa a Marina. Por casualidade, Marina coñece a Gabriel (Daniel Guzmán), un psicólogo tímido que ten problemas para relacionarse co resto da xente, pero que ten plans de traballo moi orixinais e eficaces. Aínda que Samuel tenta desfacerse del como o resto dos profesores, con Gabriel vaino ter difícil.[2]
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas