Manuel Millán Vázquez
Manuel Millán Vázquez, nado en Vilagarcía de Arousa en 1961, é un actor galego.
Traxectoria
Debutou no teatro en 1980 en As laranxas máis laranxas, de Carlos Casares, dirixido por Eduardo Puceiro.[1] Sen abandonar o teatro posteriormente centrouse no cinema e a televisión, sendo especialmente coñecido a partir da década de 1990 polas súas interpretacións en series cómicas.
En Galicia é especialmente coñecido polo seu papel como Pai Nicanor na serie Pratos combinados da TVG, ademais da súa intervención en A familia Pita. Interpretou papeis fixos e episódicos en varias series de televisión nacionais (Ay señor señor, La casa de los líos). Cómpre salientar as súas colaboracións en Aquí no hay quien viva coma o Pai Miguel, que dado o enorme éxito da serie, aumentou a súa popularidade entre o gran público de España.
Traballou en cine con directores do talle de Fernando Colomo, Carlos Saura ou Luis García Berlanga entre outros.
Filmografía
Longametraxes
- Bajarse al moro (1989), de Fernando Colomo. Como Enfermeiro.
- Las cartas de Alou (1990), de Montxo Armendáriz.
- Ay, Carmela (1990), de Carlos Saura. Como Cabo.
- Después del sueño (1992), de Mario Camus.
- Mi hermano del alma (1994), de Mariano Barroso. Como Enfermero.
- Justino, un asesino de la tercera edad (1994), de Santiago Aguilar e Luis Guridi. Como Enfermeiro novato.
- Matías, juez de línea (1996), de Santiago Aguilar e Luis Guridi.
- Dame algo (1997), de Héctor Carré. Como Director de Telelocal.
- Atilano, presidente (1998) , de Santiago Aguilar e Luis Guridi. Como Charly.
- París Tombuctú (1999), de Luis García Berlanga. Como Garda Civil Piñango.
- Año Mariano (2000), de Karra Elejalde e Fernando Guillén Cuervo. Como Matías.
- Ilegal (2003), de Ignacio Vilar. Como Sacristán.
- Os mortos van ás présas (2003). Como Josito.
- O lapis do carpinteiro (2003), de Antón Reixa. Como Louco.
- Atraco a las 3... y media (2003), de Raúl Marchand Sánchez. Como Castrillo.
- ¡Buen viaje, excelencia! (2003), de Albert Boadella. Como Proyeccionista 2.
- A vida que che espera (2004), de Manuel Gutiérrez Aragón. Como Xefe de salón de peiteado.
- O ano da carracha (2004), de Jorge Coira. Como Home 1.
- Mia Sarah (2006), de Gustavo Ron. Como Mateo.
Curtametraxes
Televisión
Personaxes fixos ou recorrentes
Personaxes episódicos
Notas
- ↑ Cabo Villaverde, José Luis; et al., eds. (2001). Diccionario do cine en Galicia (1896-2000). Xunta de Galicia. p. 249. ISBN 84-453-3152-3.
Véxase tamén
Ligazóns externas
|
|