Héctor Carré Menéndez, nado na Coruña en 1960, é un director de cine e escritor galego.
Traxectoria
Abandonou os estudos de arquitectura e trasládase a Madrid en 1981, onde obtivo o título de director de fotografía no Taller de Artes Imaginarias. Traballou no mundo cinematográfico como axudante de dirección de Terry Gillian, Mario Camus e Pedro Olea. Fixo curtametraxes La suerte cambia e Angelitos, documentais e videoclips (Un ejemplar de primavera para o disco de Rosendo, A tientas y barrancas) e publicidade. En televisión coordinou a serie Nada es para siempre de Antena 3. En 2001 volveu residir na Coruña, onde traballa en publicidade e como guionista para a Televisión.
En 2007 publicou a novela Diario do impostor e en 2011 gañou o Premio Fundación Nova Caixa Galicia coa novela Febre.
Filmografía
Obras
Narrativa
- Diario do impostor (2007, Xerais; narrativa)
Distincións
- Premio Fervenzas Literarias ao mellor libro xuvenil no 2011, por Febre.
Notas
- ↑ "Fever". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-13.
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas