Fundada en 1542, reúne en 2008 a máis de 32.000 estudantes e 3.500 membros docentes[1] entre os seus 22 centros e 74 titulacións e estudos propios. O seu actual reitor é Manuel López Pérez.[2]
Historia
As orixes da ensinanza superior en Aragón remóntanse á lendaria Academia fundada en Huesca por Quinto Sertorio (século I a.C). En 1354Pedro IV de Aragón funda a Universidade Sertoriana de Huesca, que desaparecerá en 1845. Máis tarde, grazas á Igrexa e por man do bispo Braulio, formaríanse as Escolas eclesiásticas con sede en Zaragoza. Estas evolucionarán entre os séculos XII e XIV até que, en 1474, créase o chamado «Estudo xeral de artes» de Zaragoza. Con todo, e debido á oposición encontrada, non foi até 1583 cando, da man do seu fundador (Pedro Cerbuna), se aproban os estatutos da nova Universidade de Zaragoza.