La Almunia de Doña Godina é un municipio de 7.633 habitantes, capital da comarca de Valdejalón, na provincia de Zaragoza, Aragón, situado nunha importante confluencia de camiños do cuadrante nordeste de España.
Entre os seus monumentos destacan a igrexa parroquial da Nosa Señora da Asunción e a súa torre mudéxar, as construcións da orde de San Xoán do Hospital, o Convento de San Lourenzo e a ermida da nosa Señora de Cabanas.
A economía baséase en produtos agrícolas como as cereixas, os pexegos e as mazás. Conta cunha importante e crecente actividade industrial e un gran número de comercios e supermercados para dar servizo a todos os visitantes e consumidores.
A oferta educativa de La Almunia está cuberta desde preescolar, secundaria, bacharelato e formación profesional ata os estudos universitarios. Conta con dous colexios e dous institutos e é sede do campus da Escola Universitaria Politécnica, adscrita á Universidade de Zaragoza.