Está situado sobre materiais cuaternarios do río Ebro, na súa marxe dereita e entre ese curso de auga e o Canal Imperial de Aragón. Representa unha encrucillada de camiños naturais e estradas. Dista 50 km da capital provincial, Zaragoza.
Existen dúas explicacións do nome, unha filolóxica e outra popular:
No termo municipal de Gallur atopouse un bronce que mencionaba a celebración duns xogos nun pago dos galos: pagus Gallorum. O Pagus facía referencia a unha agrupación humana intermedia entre a familia e a tribo e, ao tempo, era unha circunscrición territorial. Sen citar este dato, é o étimo aceptado por Nieto Ballester[1]
O escudo de armas do castelo desaparecido tiña un galo, e creuse que por iso o lugar tomou o seu nome. Esta é, en realidade, unha etimoloxía popular.
Na fala baturra ás veces Gallur pode pronunciarse, máis ou menos, Gallud.