Sitúase sobre materiais cuaternarios do Ebro, preto da confluencia co río Jalón.
Ocupa unha superficie de 53,8 km², o que lle outorgaba unha densidade de 26,84 hab/km².
Orixe do topónimo
O terreo era da vila de Castellar a comezos do século XI. As primeiras mencións documentais datan do ano 1117, nun documento do Arquivo do Pilar que fai mención a un campo de Ibn Ranán (Aben Renén) crca dos ríos Jalón e Ebro. O lugar chamouse simplemente Torres até o ano 1646 e Torres de Berrellén desde 1713.