Activa promotora da difusión cultural a través das bibliotecas durante a República, a través das Bibliotecas Populares.[4]
Autora do prestixioso Diccionario de uso del español, unha das principais obras da lexicografía en lingua española, no que traballou dende 1952.[5] A primeira edición desta obra foi publicada en 1966-67 pola editorial Gredos. Aínda que a autora continuou traballando na obra para preparar unha nova edición, a segunda edición non saíu ao mercado ata 1998 (logo da morte de María Moliner) en dous volumes e CD-ROM, así como unha edición abreviada nun tomo.
Comunica respecto diso o seu fillo Fernando Ramón Moliner: a "segunda edición, con tódalas súas alteracións e modificacións, é unha edición apócrifa: a miña nai caeu doente (de alzhéimer), non se decatou de nada e non lle puido dar ningún consentimento consciente".[Cómpre referencia]
No ano 2000 celebrouse o centenario do seu nacemento.[6]
Recoñecementos
En 2022 o Ministerio de Ciencia e Innovación publicou as bases da primeira convocatoria dos Premios Nacionales de Investigación para Jóvenes, entre eles o Premio Nacional María Moliner na área de humanidades.[7]