A tempada 2010-2011 da Kontinental Hockey League foi a terceira tempada da competición eurasiática de hóckey sobre xeo. A liga estivo formada por un total de 23 equipos (un menos que na tempada precedente) repartidos en dúas conferencias (leste e oeste) de dúas divisións dada unha. Cada equipo xogou un total de 54 partidos. Ao final da liga regular, o Avangard Omsk gañou a Continental Cup ao finalizar na primeira posición, pero tralos playoffs polo título foi o Salavat Yulaev Ufa quen se alzou co título da liga.
A liga comezou o 8 de setembro de 2010 coa disputa da Opening Cup, e finalizou o día 6 de abril de 2011 coa disputa do quinto e definitivo partido da final da Copa Gagarin.
Trocos na liga
Trocos nos equipos
Saída da competición do Lada Togliatti
O Lada Togliatti abandonou a KHL para pasar a competir na Vysshaya hokkeinaya liga logo de non poder cumprin os requisitos financeiros da KHL.
Fusión do HC MVD e o Dynamo Moscova
O 30 de abril do 2010, anunciouse que o HC MVD (finalista na tempada anterior) se fusionaría co Dynamo Moscova para formar o OHK Dynamo, pasando a xogar a meirande parte dos seus partidos no Megasport Arena de Moscova, xogando tamén algúns partidos en Balashikha. O plan é contar cun novo espazo moderno e máis grande en Balashikha no 2012.[1]
Equipos de expansión
Na data límite de admisión do 1 de abril de 2010, seis novos equipo de catro países diferentes solicitaran ingresar na KHL nese ano: o Yugra de Khanty-Mansiysk, Krylya Sovetov de Moscova e o Gazovik de Tyumen por parte de Rusia; o HC Budivelnyk de Kíiv por parte de Ucraína; o HC Lev de Hradec Králové por parte da República Checa; e o Vėtra Vilnius de Vilnius por parte de Lituania.[2] Destes equipos, o Budivelnyk e o Yugra foron aceptados na KHL inicialmente,[3] mais o 24 de xuño de 2010, o equipo ucraíno anunciou que non xogaría na KHL durante a tempada 2010-11 porque o seu estadio aínda non estaba listo.[4] O 16 de xullo de 2010, o HC Lev, que durante a liga se trasladara a Poprad (Eslovaquia, foi aceptado na KHL,[5] mais logo de que a federación eslovaca se atrasara en autorizar a participación do equipo, a KHL excluíuno para a tempada 2010–11.[6]
Reestruturación das divisións
A saída da competición do Lada, a fusión entre o HC MVD e o Dynamo de Moscova, e a chegada á competición do Yugra obrigou a facer reaxustes na configuración dalgunhas disivións: na División Tarasov, o HC MVD foi substituído polo Dynamo Minsk, que abandonou a División Bobrov, quedando esta división con tan só 5 equipos (a máis pequena da competición); na División Kharlamov, o Yugra substituíu o Lada.
Outros trocos
Formato dos Play-offs
Ao contrario que nas edicións anteriores da liga, tódalas series do play-off foron xogadas ao mellor de sete partidos.[7]
Prohibición de Vuvuzelas
A administración da KHL prohibiu explicitamente a venda e uso de vuvuzelas nos estadios de hóckey sobre xeo.[8]
Equipos participantes
Un asterisco (*) indica unha reubicación da franquía. Véxase o artigo do equipo para maior información.
(1) Indiaca o último ano no que o equipo ascendeu á máxima categoría do hóckey sobre xeo ruso.
Xogadores
Na terceira edición da KHL tomaron parte un toyal de 670 xogadores procedentes de 14 países distintos:[9]
Liga regular
A liga regular comezou o 8 de setembro de 2010 coa disputa da Opening Cup entre o Ak Bars Kazan (campión da tempada anterior) e o Dynamo Moscova (o finalista da tempada anterior fora o HC MVD, mais os problemas financeiros do club fixeron que se fusionase co HC Dynamo). Houbo pequenos paróns en novembo, decembro e febreiro por mor dos partidos internacionais e o partido das estrelas.[7] Cada equipo xogou un total de 54 partidos durante esta fase.
Eventos salientables
Draft de 2010
O 4 de xuño de 2010 tivo lugar en Moscova o segundo draft da KHL, no que xogadores de todo o mundo entre os 17 e os 21 anos puideron ser elixidos para competir na tempada 2010-11 na KHL, MHL ou VHL. Dos 690 xogadores participantes, 490 xogaban en Rusia, 100 en Europa e 100 en América.[10] A primeira elección do draft foi o checo Dmitrij Jaškin (xogador do VHK Vsetín), seleccionado polo Sibir de Novosibirsk
Opening Cup
O primeiro partido da liga é tradicionalmente a "Opening Cup", que é xogado polos finalistas da Copa Gagarin da tempada anterior. Debido a que o finalista da tempada anterior, o HC MVD, se fusionou co Dynamo Moscova por problemas financeiros formando o OHK Dynamo, o campión de liga da tempada anterior e defensor do título, o Ak Bars Kazan e o novo OHK Dynamo disputáronse este título. O partido tivo lugar o 8 de setembro de 2010 no TatNeft Arena de Kazán, e o equipo moscovita derrotou por 3-1 ao equipo local, gañando o trofeo por primeira vez na súa historia.
Partidos de exhibición entre equipo da KHL e a NHL
Os Carolina Hurricanes xogaron fronte ao SKA San Petersburgo no Ice Palace de San Petersburgo (Rusia) ante 12.000 espectadores o 4 de outubro de 2010, gañando os rusos por 5 goles a 3. Por outra banda, os Phoenix Coyotes xogaron fronte ao Dinamo Riga no Arena Riga de Riga (Letonia) ante 10.520 espectadores o 6 de outubro dese mesmo ano, gañando os estadounidenses por 1 gol a 3.[11]
Partido en Suíza
O 23 de decembro de 2010, antes do inicio da Spengler Cup, os dous participantes da KHL (SKA San Petersburgo e Spartak Moscova, xogaron un partido oficial da liga regular no Vaillant Arena de Davos (Suíza). Foi o primeiro partido da KHL xogado en Europa Central.
Partido das Estrelas
O Fin de semanda das Estrelas tivo lugar os días 5 e 6 de febreiro de 2011 no Ice Palace de San Petersburgo ante 10.127 espectadores.[7]
Acontecementos
- O 5 de outubro de 2010, o checo Jan Marek (CSKA) converteuse no primeiro xogador estranxeiro en conseguir anotar 100 goles na liga. Catro días antes, o canadense David Nemirovsky (Dynamo Minsk) lograra esta marca, aínda que non é considerado estranxeiro, xa que o xogador posúe tamén a cidadanía rusa.
- O 10 de outubro de 2010, Aleksandr Radoulov (Salavat Yulaev) anotou un gol contra o Yugra aos seis segundos de xogo, converténdose no gol máis rápido da historia do campionato.
- O 10 de decembro de 2010, o partido entre Vityaz Chekhov e o Avangard Omsk comezou cunha pelexa tras seis segundos de xogo. O adestrador dos moscovitas Andrei Nazarov alineou a cinco atacantes (Serguei Belokon e catro enforcers, Darcy Verot, Ivan Larine, Denis Sergueïev, Josh Gratton) dende o saque inicial para atacar os titulares do Avangard.[12] Os titulares Roman Červenka, Aliakseï Kalioujny, Marek Svatoš, Martin Škoula, Alekseï Bondarev e Karri Rämö opuxéronse. Červenka e Škoula foron hospitalizados. Once meses antes, durante un partido entre estes dous equipos fora suspendido por outra pelexa multitudinaria. O Avangard gañou o partido por 3-2. O equipo de Omsk escribiu unha nota de prensa pedindo a expulsión da KHl do Vityaz e que se suspendera aos dirixentes e ao cadro do Vityaz.[13] Ao día seguinte, a comisión disciplinaria atopou infraccións e suspendeu aos seguintes xogadores: Belokon (3 partidos), Verot (2 partidos), Larine (4 partidos), Gratton (5 partidos). Ademais, e conforme ao artigo 29 que pretende evitar as lesións graves, estas sancións foron revisadas, polo que Verot, Larine, Belokon e Gratton foron sancionados con 14, 14, 18 e 20 partidos de sanción respectivamente. O adestrador Nazarov foi multado con 400.000 rublos polas lesións causadas a seis xogadores contrario. O Avangard e o seu director xeral Anatoli Bardine foron sancionados con 100.000 rublos por violación das regras durante o xogo[14]. O director xeral do Vityaz Alekseï Jamnov foi tamén sancionado con 150.000 rublos.
Lenda
Fonte: KHL.ru[15]
- PX: Partidos xogados
- GF: Goles a favor
- GC: Goles en contra
- Pts: Puntos
Os puntos repártense do seguinte xeito:
- 3 Puntos pola vitoria no tempo regulamentario ("V")
- 2 Puntos pola vitoria no tempo extra ("OTW") ou por penaltis ("SOW")
- 1 Puntos pola derrota no tempo extra ("SOL") ou por penaltis ("OTL")
- 0 Puntos pola derrota no tempo regulamentario ("D")
|
Campión de División
|
|
Clasificado para os playoffs
|
Clasificación das divisións
Conferencia Oeste
Conferencia Leste
Clasificación das conferencias
As clasificacións das conferencias determinarán os enfrontamentos do play-off. As dúas primeiras prazas de cada conferencia están reservadas para os campións de división.
Fonte: khl.ru[16]
Source: khl.ru[17]
Líderes da liga
Fonte: khl.ru[18][19]
Porteiros: mínimo 15 partidos xogados.
Máximos anotadores
Fonte: khl.ru[20]
PX = Partidos xogados; G = Goles; A = Asistencias; Pts = Puntos; +/– = Plus-minus; PIM = Penalty minutes
Mellores porteiros
Fonte: khl.ru[21]
PX = Partidos xogados; Min = Minutos xogados; V = Vitorias; D = Derrotas; GC = Goles en contra; SO = Shutouts; SV% = Porcentaxe de paradas; GAA = Medias de goles en contra
Play-offs
Os play-offs comezaron o 23 de febreiro de 2011. O quinto e último partido das series finais da Copa Gagarin xogouse o 16 de abril de 2011.[7]
|
Primeira Rolda
|
|
Semifinais Conferencia
|
|
Finais Conferencia
|
|
Final da Copa Gagarin
|
|
(mellor de 7)
|
|
(mellor de 7)
|
|
(mellor de 7)
|
|
(mellor de 7)
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
1º- Avangard
|
4
|
|
|
|
8º- Neftekhimik
|
3
|
|
|
Avangard
|
3
|
|
|
|
|
|
Metallurg Mg.
|
4
|
|
|
4º- Metallurg Mg.
|
4
|
|
|
|
|
5º- Yugra
|
2
|
|
|
Metallurg
|
3
|
|
|
|
|
|
Salavat Yulaev
|
4
|
|
|
3º- Salavat Yulaev
|
4
|
|
|
|
|
6º- Sibir
|
0
|
|
|
Salavat Yulaev
|
4
|
|
|
|
|
|
Ak Bars
|
1
|
|
|
2º- Ak Bars
|
4
|
|
|
|
|
7º- Barys
|
0
|
|
|
Salavat Yulaev
|
4
|
|
|
|
|
|
Atlant
|
1
|
|
1º- Lokomotiv
|
1
|
|
|
|
|
8º- Dinamo Minsk
|
3
|
|
|
Lokomotiv
|
4
|
|
|
|
|
|
Dinamo Riga
|
1
|
|
|
2º- UHC Dynamo
|
2
|
|
|
|
|
7º- Dinamo Riga
|
4
|
|
|
Lokomotiv
|
2
|
|
|
|
|
|
Atlant
|
4
|
|
|
3º- SKA
|
4
|
|
|
|
|
6º- Spartak
|
0
|
|
|
SKA
|
3
|
|
|
|
|
|
Atlant
|
4
|
|
|
4º- Atlant
|
4
|
|
|
|
5º- Severstal
|
2
|
|
|
O campión da edición 2009-2010 da KHL foi o Salavat Yulaev Ufa.
Líderes do play-off
Fonte: khl.ru[22][23]
Goaltenders: minimum 5 games played
Máximos anotadores
Fonte: khl.ru[24]
PX = Partidos xogados; G = Goles; A = Asistencias; Pts = Puntos; +/– = Plus-minus; PIM = Penalty minutes
Mellores porteiros
Fonte: khl.ru[25]
PX = Partidos xogados; Min = Minutos xogados; V = Vitorias; D = Derrotas; GC = Goles en contra; SO = Shutouts; SV% = Porcentaxe de paradas; GAA = Media de goles en contra
Palmarés da tempada
KHL
Clasificación final
Premios
Xogadores do mes
Mellores xogadores da KHL por mes.
Recoñecementos da KHL
O 20 de maio de 2011, a KHL celebrou a súa cerimonia anual de premios. Nesta cerimonia entregáronse un total de 20 galardóns diferentes aos equipos, xogadores, árbitros e medios de comunicación.[33] A continuación os premios máis importantes e os seus gañadores.
A liga concedeu tamén seis "Cascos de Ouro" aos compoñentes do sexteto ideal:
Notas
- ↑ Святослав Петрушко: ОХК «Динамо» будет играть и в Москве, и в Балашихе
- ↑ Завершен прием заявок от клубов, желающих вступить в КХЛ
- ↑ "Medvedev: "Budivelnik" will play in the KHL". Arquivado dende o orixinal o 25 de xullo de 2011. Consultado o 27 de setembro de 2012.
- ↑ "Budivelnik will not play in KHL.". Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2010. Consultado o 27 de setembro de 2012.
- ↑ "HC Lev to join KHL". Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2010. Consultado o 27 de setembro de 2012.
- ↑ «Лев» не сыграет в ближайшем сезоне
- ↑ 7,0 7,1 7,2 7,3 Контуры сезона
- ↑ КХЛ налагает запрет на использование вувузел
- ↑ Totals by Nationality ‑ 2010-2011 Stats[Ligazón morta]
- ↑ Участники Драфта: списки
- ↑ Exhibition game KHL – NHL Arquivado 29 de xullo de 2010 en Wayback Machine.publicado pola Kontinental Hockey League
- ↑ www.championat.ru Arquivado 14 de decembro de 2010 en Wayback Machine. (en ruso)
- ↑ Comunicado do Avangard en www.hawk.ru Arquivado 12 de novembro de 2011 en Wayback Machine. (en ruso)
- ↑ Comunicado en www.khl.ru (en ruso)
- ↑ "KHL Regular season standings, en KHL.ru". Arquivado dende o orixinal o 06 de febreiro de 2010. Consultado o 19 de setembro de 2012.
- ↑ "Western Conference, en KHL.ru". Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2012. Consultado o 19 de setembro de 2012.
- ↑ "Eastern Conference". KHL.ru. Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2012. Consultado o 19 de setembro de 2012.
- ↑ KHL Statistics: Skaters, en KHL.ru
- ↑ KHL Statistics: Goalies, en KHL.ru
- ↑ Player Stats: 2010–2011 Regular season: All Skaters – Total Points
- ↑ Player Stats: 2010–2011 Regular season: Goalie – Goals Against Average
- ↑ KHL Statistics: Skaters
- ↑ KHL Statistics: Goalies
- ↑ title= Player Stats: 2010–2011 Playoffs: All Skaters – Total Points
- ↑ Player Stats: 2010–2011 Playoffs: All Goaltenders – Goals Against Average
- ↑ "September’s stars". Arquivado dende o orixinal o 23/03/2012. Consultado o 20/09/2012.
- ↑ "October’s finest". Arquivado dende o orixinal o 23/03/2012. Consultado o 20/09/2012.
- ↑ "November’s finest". Arquivado dende o orixinal o 23/03/2012. Consultado o 20/09/2012.
- ↑ "December’s finest". Arquivado dende o orixinal o 23/03/2012. Consultado o 20/09/2012.
- ↑ "January’s finest". Arquivado dende o orixinal o 23/03/2012. Consultado o 20/09/2012.
- ↑ "February’s finest". Arquivado dende o orixinal o 23/03/2012. Consultado o 20/09/2012.
- ↑ "March’s finest". Arquivado dende o orixinal o 15/05/2011. Consultado o 20/09/2012.
- ↑ "The League’s Finest". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2011. Consultado o 20 de setembro de 2012.
Véxase tamén
Ligazóns externas