O Mytishchi Arena (en ruso Арена Мытищи) é un pavillón deportivo da cidade de Mytishchi (Rusia), a 5 km de Moscova. Foi inaugurado en 2006 e ten capacidade para 7.000 espectadores. Neste pavillón xoga os seus partidos como local o equipo de hóckey sobre xeo Atlant Moscow Oblast, pertencente á Kontinental Hockey League (KHL).
Foi, xunto co Khodynka Arena, sede do Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo masculino de 2007 entre o 27 de abril e o 13 de maio de 2007.[1]. Os grupos B e C da compétition xogaron os seus partidos neste pavillón, así como a meirande parte dos partidos descenso, mentres que o resto dos partidos disputáronse no Khodynka Arena.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas