Robert A. Heinlein |
|
Nacemento | (en) Robert Anson Heinlein 7 de xullo de 1907 Butler, Estados Unidos de América (pt) |
---|
Morte | 8 de maio de 1988 (80 anos) Carmel-by-the-Sea, Estados Unidos de América |
---|
Causa da morte | insuficiencia cardíaca |
---|
Residencia | Colorado Springs Santa Cruz |
---|
Relixión | Ateísmo |
---|
Educación | Academia Naval dos Estados Unidos (pt) - enxeñaría (1925–1929) |
---|
|
Campo de traballo | Literatura |
---|
Ocupación | escritor, oficial da armada, crítico literario, guionista, ensaísta |
---|
Período de actividade | 1939 - 8 de maio de 1988 |
---|
Partido político | Partido Demócrata |
---|
Xénero artístico | Ciencia ficción, Fantasía, ficção científica militar (pt) e literatura xuvenil |
---|
Pseudónimo literario | Anson MacDonald Caleb Saunders John Riverside Lyle Monroe Simon York |
---|
|
Obras destacables |
|
Cónxuxe | Virginia Heinlein (1948–1988) |
---|
|
- (2018) Retro Hugo Award for Best Novel (en) , premiado polo traballo Beyond This Horizon (en)
- (2018) Retro Hugo Award for Best Novella (en) , premiado polo traballo Waldo (en)
- (2017) Prometheus Award - Hall of Fame (en) , premiado polo traballo Coventry (en)
- (2016) Retro Hugo Award for Best Novelette (en) , premiado polo traballo The Roads Must Roll (en)
- (2016) Retro Hugo Award for Best Novella (en) , premiado polo traballo "If This Goes On—" (en)
- (2003) Prometheus Award - Hall of Fame (en) , premiado polo traballo Requiem (en)
- (2001) Retro Hugo Award for Best Novel (en) , premiado polo traballo Farmer in the Sky (en)
- (2001) Retro Hugo Award for Best Novella (en) , premiado polo traballo The Man Who Sold the Moon (en)
- (1998) Science Fiction and Fantasy Hall of Fame
- (1998) Prometheus Award - Hall of Fame (en) , premiado polo traballo Time Enough for Love (pt)
- (1996) Prometheus Award - Hall of Fame (en) , premiado polo traballo Red Planet (en)
- (1987) Prometheus Award - Hall of Fame (en) , premiado polo traballo Stranger in a Strange Land (pt)
- (1985) Locus Award for Best Fantasy Novel (en) , premiado polo traballo Job: A Comedy of Justice (en)
- (1983) Prometheus Award - Hall of Fame (en) , premiado polo traballo The Moon is a Harsh Mistress (pt)
- (1977) Premio Inkpot
- (1975) Damon Knight Memorial Grand Master Award (en)
- (1967) Premio Hugo á mellor novela, premiado polo traballo The Moon is a Harsh Mistress (pt)
- (1962) Premio Hugo á mellor novela, premiado polo traballo Stranger in a Strange Land (pt)
- (1960) Premio Hugo á mellor novela, premiado polo traballo Starship Troopers (pt)
- (1956) Premio Hugo á mellor novela, premiado polo traballo Double Star (en)
|
Sinatura |
|
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
---|
|
Robert Anson Heinlein, nado en Butler (condado de Bates, Missouri) o 7 de xullo de 1907 e finado en Carmel-by-the-Sea (condado de Monterrei, California) o 8 de maio de 1988, foi un escritor de ficción científica estadounidense, considerado por algúns críticosModelo:Uen entre os tres mellores de tódolos tempos xunto con Asimov e Clarke.
Traxectoria
Foi o terceiro de sete irmáns, catro homes e tres mulleres. Pouco despois do seu nacemento a familia mudouse a Kansas City, onde recibiu a educación básica. Continuou os estudos na Academia Naval de Annapolis ata titularse en 1929 como enxeñeiro mecánico. O seu primeiro destino foi o USS Lexington, un dos dous primeiros portaaeronaves da armada estadounidense.
A súa andaina militar rematou cedo, en 1934 e con 27 anos, cando o retiran como non apto para o servizo por motivos médicos. Casou en 1932 con Leslyn MacDonald e atópase entón nos Ánxeles, retirado cunha pequena pensión, que non lle chega para manterse. Ata 1939 dedicouse a diversas ocupacións, entre elas unha breve incursión na política. Neste ano comeza a publicar ciencia ficción, co envío á revista Astounding Science-fiction do relato A liña da vida (Lifeline). En dous anos acada a fama no mundo da ciencia ficción, pero entón o seu país entra na segunda guerra mundial e Heinlein deixa a literatura para unirse de novo á Armada.
Con todo volven a rexeitalo por motivos médicos. Finalmente consegue colaborar no esforzo bélico traballando como enxeñeiro civil na "Naval Air Experimental Station", preto de Filadelfia, un laboratorio de materiais da Armada. En canto a contenda termina, deixa o laboratorio, volve a California e busca axentes literarios para introducirse en novos mercados. E consegue o que quere, chegando a publicar no Saturday Evening Post, a revista que mellor paga e a máis prestixiosa da época. Isto supón un pulo para o xénero da ciencia ficción, que comeza así, da man de Heinlein, a saír do gueto.
Neste período Heinlein empeza a escribir os chamados "libros xuvenís", libros de aventuras para adolescentes. Tamén nestes anos complícase a súa situación persoal, chegando en 1948 a divorciarse de Leslyn. Enseguida volve a contraer matrimonio, con Virxinia Doris Gerstenfeld, á que coñecera no seu traballo durante a guerra. Este matrimonio durará ata o final da súa vida e Virxina converteráse ademais na principal colaboradora de Heinlein no seu traballo.
Instálase con ela en Colorado Springs e continúa escribindo. En 1948 crea un guión que foi levado ao cine coa súa colaboración o ano seguinte baixo o título Con destino á Lúa (Destination Moon). Durante os anos 50 conseguiu dous premios Hugo, un en 1956 por Estrela dobre (Double Star) e outro en 1959 por Tropas do Espazo (Starship Troopers), novela que, para sorpresa de Heinlein resulta polémica á vez que exitosa. En 1960 finaliza unha das súas obras máis importantes, Forasteiro en terra estraña (Stranger In A Strange Land) extensa novela que recorta a petición do editor e que a pesar diso gaña o premio Hugo de 1962.
En 1965 os Heinlein volven a California, esta vez a Santa Cruz. En 1967 gaña de novo o Hugo por A lúa é unha cruel amante (The Moon Is A Harsh Mistress). En 1970 unha peritonite case acaba coa súa vida, pero recupérase e en 1973 publica Tempo para amar (Time Enough For Love). Durante os anos seguintes Heinlein interrompe a súa produción de ficción, ata que en 1980 publica O número da besta (The Number of The Beast). Seguírona outras catro novelas ata que o 8 de maio de 1988 falece apraciblemente mentres dorme. As súas cinzas foron esparexidas sobre o océano Pacífico, e as de Virginia seguírono cando morreu en 2003.
Literatura: estilo e características
Gañou catro premios Hugo por Estrela dobre (1956), Tropas do espazo (1960), Forasteiro en terra estraña (1962) e A lúa é unha cruel amante (1967). Foi elixido en 1974 Gran Mestre pola Asociación de escritores de ficción científica e fantasía dos Estados Unidos (SFWA), converténdose así no primeiro galardoado con esta distinción.
Habitualmente rigoroso en canto á base científica nas súas historias, ata as súas historias de fantasía conteñen unha estrutura científica lóxica. Unha das características que definen a súa escritura foi o introducir na temática da ficción científica a administración, a política, a economía, a lingüística, a socioloxía e a xenética. Foi tamén un dos abandeirados do individualismo, o cal quedaba reflectido na riqueza dos personaxes (exemplo claro é Lazarus Long), tanto en coñecementos, como en habilidades.
Outro dos temas recorrentes neste autor é cuestionar os costumes contemporáneos, culturais, sociais e sexuais, describindo sociedades con ideais bastante afastados dos da sociedade occidental da súa época. Estas ideas reflíctense en varios dos seus libros, como en Forasteiro en terra estraña ou O número da besta (1980).
Bibliografía destacada
Novelas
Novelas xuvenís
- Rocket Ship Galileo (1947)
- Cadete do espazo (1948)
- Rebelión no espazo (1949)
- Farmer in the Sky (1950) (Premio Hugo á mellor novela - 1951, 2001)
- A besta estelar (1954)
- A hora das estrelas (1956)
- Cidadán da galaxia (1957)
- Consegue un traxe espacial: viaxarás (1958)
- Filla de Marte (1963)
Relatos
- A liña da vida (1939)
- Inadaptado (1939)
- Réquiem (1940)
- «Se isto continúa...» (1940)
- As estradas deben rodar (1940)
- Coventry (1940)
- Ocorren explosións (1940)
- Magic, Inc. (1940)
- Lóxica do Imperio (1941)
- Universo (1941)
- Solución insatisfactoria (1941)
- Os fillos de Matusalén (1941)
- «... tamén paseamos cans» (1941)
- Polos seus propios medios (1941)
- O sentido común (1941)
- A herdanza perdida (1941)
- Un acuario con peixes de cores (1942)
- Waldo (1942)
- A desagradable profesión de Jonathan Hoag (1942)
- Os verdes outeiros da Terra (1947)
- Jockey do espazo (1947)
- Colón foi un cretino (1947)
- «¡Que grande é estar de volta!» (1947)
- Os negros fosos da Lúa (1948)
- Cabaleiros, permanezan sentados (1948)
- Proba no espazo (1948)
- Dalila e o montador do espazo (1949)
- A longa garda (1949)
- O home que vendeu a Lúa (1950)
- A ameaza da Terra (1957)
- Todos vós, zombis... (1959)
- Raio de luz (1962)