Ramón Nicolás
Ramón Nicolás Rodríguez , nado en Vigo o 9 de xuño de 1966 ,[ 1] é un profesor, crítico literario, tradutor e escritor galego .
Traxectoria
En 1989 licenciouse en Filoloxía galego-portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela .[ 2] Exerce a docencia no IES Castelao (O Calvario-Vigo).
Realiza crítica literaria desde o ano 1990 en diversas revistas e publicacións. Desde hai anos exerce a crítica semanalmente no suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia .[ 3] Dirixiu a sección " Breviario" da revista Biblos. Clube de lectores . Colaborou no programa Libro aberto da TVG e foi responsable de asinar as páxinas de información de libros galegos na revista Qué leer (2005-2014).
Desde 2011 é padroeiro da Fundación Celso Emilio Ferreiro. Dirixe a colección Biblioteca das Letras Galegas de Edicións Xerais de Galicia . Asemade é ensaísta e tradutor e pertence á Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega , á Asociación Española de Críticos Literarios e á Asociación Galega da Crítica. Mantén, desde 2010, un dos blogs literarios máis veteranos de Galicia, como é o Caderno da crítica. Literatura galega . Asinou diversas traducións e ensaios, ademais de estudar a obra de autores como Manuel Luís Acuña , Manuel Lueiro Rey , Álvaro Cunqueiro , Ramón Cabanillas , Lugrís Freire ou Celso Emilio Ferreiro .[ 3]
En 2021 foi escollido académico correspondente da Real Academia Galega [ 4] .
Presentación de Lapis na noite na Casa das Campás en 2018. Con Xaime Toxo , Montse Fajardo e Fran Alonso
Obra
Ensaio
Narrativa
Escolmas
Detalle da portada de O sol na crista do galo de Manuel Lueiro Rey , edición de Ramón Nicolás.
Edicións
Traducións
Unha odisea nórdica , de Jack London (1995). Sotelo Blanco .
Cairo branco , de Jack London (1997 ). Xerais.
O fillo do acordeonista , de Bernardo Atxaga (2004). Xerais.
A fin da terra , de María Rosa Lojo , (2006 ). Galaxia .
Se eu fose moi delgado , de António Mota (2006). Kalandraka .
Antología de poesía gallega 1, 2 = Antoloxía de poesía galega 1, 2 , (2007 ). Xunta de Galicia . Edicións bilingües galego-castelán.
Comandante Hussi , de Jorge Araújo >(2007). Kalandraka.
Budapest , de Chico Buarque (2008). Faktoría K.
Obabakoak , de Bernardo Atxaga, 2008, Faktoría K.
Sete casas en Francia , de Bernardo Atxaga (2009). Faktoría K.
30 gramos , de Leonel Moura (2010). Lugo: Alvarellos .
Catálogo de obxectos rebuldeiros , de Pablo Prestifilippo (2011). Faktoría K.
Mefi, Sata e Demi , de Mercedes Neuschäfer-Carlón (2011). Kalandraka.
A modelo descalza , de Jordi Sierra i Fabra (2011). Galaxia.
A revolta dos indignados , de varios autores (2011). Faktoría K.
Semanas, meses , de Reko e Tina Lundán (2011). Faktoría K. Con Jarna Piippo.
Contos como pulgas , de Beatriz Osés (2012). Kalandraka.
A guia necsia: de marcas, misterios, sucesos incribles, inventos e outras marabillas , de David Wapner (2013). Faktoría K de Libros.
Legado nos ósos , de Dolores Redondo (2013). Xerais.
Debuxos no muro , de Aurora Ruá (2014 ). Galaxia.
Ofrenda á tormenta , de Dolores Redondo (2014). Xerais.
Os fíos invisibles", de Montse Torrents (2015). Tramuntana.
O neno bisesto", de José Luís Alonso de Santos, 2015, Kalandraka.
A miña grande árbore", de Jacques Goldstyn (2016). Tramuntana.
A árbore dos soños , de Fernando Alonso (2018). Kalandraka.
Nelson Mandela. O camiño cara á liberdade , de Antonio Lozano (2018). Kalandraka.
Pedagoxía do oprimido , de Paulo Freire (2018). Kalandraka.
Obabakoak de Bernardo Atxaga (2021). Faktoría K. 416 páxs. ISBN 978-84-16721-95-5 .
Traducións ao castelán
Papeleta de Pontevedra para o Senado nas Eleccións xerais de 2023 .
Comandante Hussi , de Jorge Araújo (2007). Kalandraka.
30 gramos , de Leonel Moura (2011). Alvarellos Editora.
La taberna del Galo , de Celso Emilio Ferreiro (2011). Pez de Plata
Semanas, meses , de Reko e Tina Lundán (2011). Con Jarna Piippo. Faktoría K.
Longa noite de pedra/Larga noche de piedra , de Celso Emilio Ferreiro (2011). Auga Editora.
Obras colectivas
Fírgoas , de Manuel Luís Acuña (1992) Xerais. Coeditor con Xosé Carlos López Bernárdez .
Diccionario da literatura galega. I Autores (1995 ). Galaxia.
Johan de Cangas, Martín Codax. Meendinho. Unha fotobiografía (1998 ). Xerais.
As aventuras da mazá vermella , de Jan Lööf (2008). Kalandraka. Tradución con Jarna Piippo.
Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009 ,). Difusora.
En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (2010 ) Editorial Toxosoutos .
VI Encontro de Escritores Galegos. Literatura e proxección exterior (2012 ) Deputación da Coruña .
Vieiros de palabra. Terra de Celanova-Baixa Limia en letras de autor (2012) Librería Conde, Celanova .
Manuel Lueiro Rey (1916]-1990) ( 2013). Xerais.
150 Cantares para Rosalía de Castro (2015) .[ 17]
Aires de poesía. Escolma de poetas da bisbarra de Celanova [ 18] [ 19] [ 20] . Aira editorial , 2023 . ISBN 978-84-125593-7-8
Premios
Premio á cooperación editorial de Xerais no 2004.
Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Crítico/a literario no 2008, 2009, 2010 e 2011.
Premio Fervenzas Literarias á mellor tradución no 2009, por Sete casas en Francia , de Bernardo Atxaga.
Premio Lois Tobío á mellor tradución pola Asociación Galega de Editores no 2011, por 30 gramos , de Leonel Moura.[ 21]
Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega á mellor traxectoria en xornalismo cultural no 2011.
Premio á mellor obra non literaria en galego do 2012 en Redelibros, por Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro .
Premio da AELG ao mellor blog literario do 2012, por Caderno da crítica .
Premio da AELG ao mellor ensaio do 2012, por Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro .
Premio Antón Losada Diéguez de ensaio no 2013, por Onde o mundo se chama Celso Emilio Ferreiro .
Premio Fervenzas Literarias ao mellor crítico literario de 2013.
Premio Fervenzas Literarias ao mellor blog literario de 2013, por Caderno da crítica .
Premio da AELG ao mellor blog literario do 2013, por Caderno da crítica .
Premio Fervenzas Literarias ao mellor blog literario de 2014 , por Caderno da crítica .
Premio da AELG ao mellor blog literario do 2014, por Caderno da crítica .
Entrada na Lista de Honra do IBBY en 2015 e 2016 da tradución de Bisa Bea, Bisa Bel , de Ana Maria Machado.
Premio Fervenzas Literarias ao mellor blog/web literaria de 2017, por Caderno da crítica .
Premio "Proxecto literario da rede 2017" ao blog Caderno da crítica, na III Gala do Libro Galego.
Notas
↑ "Ramón Nicolás Galego" . galegos.galiciadigital.com . Consultado o 2021-07-07 .
↑ "Ramón Nicolás" . www.aelg.gal . Consultado o 2021-07-07 .
↑ 3,0 3,1 "autor/a A Editorial Xerais" . www.xerais.gal . Consultado o 2021-07-07 .
↑ "O pleno da Real Academia Galega elixe a Gonzalo Navaza académico de número" . Real Academia Galega . 23 de outubro de 2021.
↑ "Manuel Lugrís Freire. Biografía e antoloxía Edicións Xerais de Galicia LG3 O soportal da Literatura Galega" . culturagalega.org . Consultado o 2021-07-07 .
↑ "Manuel Lugrís Freire : vida e obra Edicións Xerais de Galicia LG3 O soportal da Literatura Galega" . culturagalega.org . Consultado o 2021-07-07 .
↑ Domínguez Alberte, Xoán Carlos. "O espello do mundo" . Nós Diario . Consultado o 2021-07-07 .
↑ "Conversa con Ramón Nicolás: "na novela sinalo que ese personaxe sufriu unha dobre maldición histórica, a vivencia de dúas ditaduras" " . Nueva Revolución (en castelán ) . 2021-07-03. Consultado o 2021-07-06 .
↑ Xmeyre, ~ (2018-06-27). "crítica de LAPIS NA NOITE (Ramón Nicolás, Xerais)" . Ferradura en Tránsito II . Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2021. Consultado o 2021-07-07 .
↑ "Antoloxía do Rexurdimento (1853-1916) - Editorial Xerais" . www.xerais.gal . Consultado o 2024-05-10 .
↑ "Ficha do libro Editorial Xerais" . www.xerais.gal . Consultado o 2021-07-07 .
↑ "Celso Emilio Ferreiro. Escolma poética Faktoría K de libros LG3 O soportal da Literatura Galega" . culturagalega.org (en castelán ) . Consultado o 2021-07-07 .
↑ "En torno a «Non debían medrar», de Manuel Lueiro Rey. Anotación de Ramón Nicolás Blog Xerais" . blog.xerais.gal . Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2021. Consultado o 2021-07-07 .
↑ Irmandades da Fala: narrativa. Antoloxía en PDF.
↑ "Irmandades da Fala: narrativa. Antoloxía" . publicacions.academia.gal . Consultado o 2021-07-07 .
↑ "Ficha do libro Editorial Xerais" . www.xerais.gal . Consultado o 2022-02-11 .
↑ Libro electrónico
↑ "Memoria poética" . 14/04/2023. Consultado o 19/04/2023 .
↑ "Posta de largo do libro de poesía “Aires de Pedra”" . 16/04/2023. Consultado o 19/04/2023 .
↑ "El libro ‘Aires de poesía’ incluye poemas de la escritora Anisia Miranda" . 11/04/2023. Consultado o 19/04/2023 .
↑ Nicolás, Ramón (2011-03-13). "30 gramos, de Leonel Moura, premio Lois Tobío da AGE á mellor tradución 2010" . Caderno da crítica . Consultado o 2021-07-07 .
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas