Biblos Clube de Lectores[1] é un club de lectura así como unha editorial galega con sede en Oza-Cesuras. Carmela González é a directora e Tucho Calvo o director literario.
Comezou a súa andaina en 2003 cun catálogo de obras en galego cunha tiraxe inicial de 278.000 exemplares[2], distribuído cos principais xornais de Galiza.
Ten habilitada unha plataforma de pagamento en rede dende a que se poden adquirir máis de 7000 títulos distintos. Funciona mediante subscricións, cuxo custo é de 15 euros anuais máis o compromiso por parte do lector de comprar cando menos un título cada dous meses. Esta empresa é a encargada de organizar o Premio Biblos-Pazos de Galicia, que premia unha narradora ou un narrador menor de 25 anos coa posibilidade de rematar a súa primeira novela coa axuda dun titor experimentado[3].
En agosto de 2013 inaugurou unha libraría en Betanzos[4].
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas