É mestre especialista en atención escolar a alumnos con cegueira e discapacidade visual. Foi fundador da Asociación Liboreiro de Bueu en 1974. É presidente do Ateneo de Pontevedra.[1] Foi accésit no premio Modesto R. Figueiredo no 2002, obtivo o primeiro premio do certame de relatos do Concello de Paradela no 2002, e o primeiro premio no certame Manuel Murguía de narracións breves en 2004. En 2011 publicou As palabras que move o mar. En 2016 publicou o libro de relatos Protexer o invisible. En 2019 volveu á poesía con A casa sen nós.
Obra
Narrativa
Mouro é o rostro da memoria (2001). Ateneo de Pontevedra. 29 páx. Relatos.