Dolores Redondo Meira, nada en Donostia en 1969, é unha escritora vasca.
Traxectoria
De ascendencia galega, estudou Dereito e Restauración. Comezou a escribir relatos curtos e contos infantís. Iniciouse na novela en 2009 con Los privilegios del ángel. A súa triloxía do Baztan, de novela negra ambientada en Navarra, foi traducida ao galego. En 2016 acadou o Premio Planeta por Todo isto che darei, presentada a concurso co pseudónimo de Jim Hawkins baixo o título de Sol de Tebas.