O detonante do colapso da Cuarta República foi a crise de Alxeria; a pesar dos conflitos e revoltas do proceso de descolonización, África Occidental, Indochina e Alxeria seguían contando con representantes na Asemblea Nacional, nun sistema de sufraxio censatario na Unión Francesa. Alxeria en particular, a pesar de ser a colonia con máis poboación francesa, viu incrementarse a presión para a separación da metrópole. A situación complicouse pola disparidade de opinións da poboación, xa que algúns colonos brancos querían seguir pertencendo a Francia, o que provocou que a guerra de Independencia se converteu non só nun movemento separatista, senón que tamén tivo elementos dunha guerra civil. Complicouse máis a situación cando unha parte do exército francés se revelou e apoiou abertamente a "Alxeria Francesa", movemento para acabar coa separación. Charles de Gaulle, que se retirara da política unha década antes, meteuse no medio da crise, facendo un chamamento á nación para suspender ao goberno e crear un novo sistema constitucional. De Gaulle chegou ao poder pola incapacidade do parlamento para elixir a un goberno, as protestas populares forzaron a última votación do parlamento da Cuarta República, que acordou a disolución desta e un acordo constitucional (Alxeria converteuse nun país independente o 5 de xullo de 1962).
A Cuarta República sufriu unha falta de consenso político, un executivo débil e a rápida formación e disolución de distintos gobernos dende a segunda guerra mundial. Sen partidos ou coalicións capaces de manter unha maioría parlamentaria, os primeiros ministros foron incapaces de arriscar a súa situación política con reformas impopulares. De Gaulle e os seus simpatizantes propuxeron un sistema de presidentes executivos fortes, con mandatos de sete anos. Segundo a constitución proposta, o presidente tería o poder executivo para dirixir o país, xunto co primeiro ministro. O 1 de xuño de 1958, Charles de Gaulle converteuse en presidente;[2] o 3 de xuño de 1958, unha lei constitucional permitiu ao novo goberno redactar unha nova Constitución francesa,[1] e outra lei permitiu a Charles de Gaulle e ao seu goberno gobernar por decreto durante un máximo de 6 meses, salvo en determinados asuntos relacionados cos dereitos básicos dos cidadáns (dereito criminal etc.).[3] Estas medidas aprobáronse mediante o Referendo do 28 de setembro de 1958, apoiado por máis dun 80% dos votantes.[4] A nova constitución foi promulgada o 4 de outubro de 1958.[5] Debido a que cada nova constitución comporta unha nova república, Francia pasou da Cuarta á Quinta República.
A nova constitución contiña cláusulas transitoria (artigos 90–92) prorrogou o goberno por decreto ata que as novas institucións estiveran operativas. René Coty foi o presidente da república ata que o novo presidente fora proclamado. O 21 de decembro de 1958, Charles de Gaulle converteuse en Presidente de Francia por un colexio electoral.[6] A Comisión electoral provisional, que actuou no lugar do Consello Constitucional, fixo públicos os resultados o 9 de xaneiro de 1959. O novo presidente comezou o seu mandato ese día, nomeando a Michel Debré como primeiro ministro.
A constitución de 1958 tamén substituíu a Unión Francesa pola Comunidade Francesa, o que permitiu a catorce territorios membros lograr a independenza.[7] 1960 coñeceuse como o "Ano de África", debido á independencia conseguida en varios estados.[8]
Evolución
O presidente elixiuse inicialmente polos colexios electorais, pero en 1962 de Gaulle propuxo que o elixiran directamente os cidadáns, e convocou un referendo sobre o cambio. Aínda que os métodos empregados por de Gaulle recibiron críticas por parte de todos os grupos políticos excepto os Gaullistas, o cambio aprobouno o electorado francés.[9] O Tribunal Constitucional non se pronunciou sobre a constitucionalidade do referendo.[10]
O presidente pasou a elixirse dende entón cada 5 anos, ata o referendo constitucional do 2000, que o mudou a sete anos o período de elección, para reducir a posibilidade de convivencia, isto é que coincidan no goberno un presidente ou un primeiro ministro dun partido e o outro da oposición, debido á diferenza do período de mandato do presidente e do primeiro ministro. A primeira volta está aberta a todos os candidatos e establece un presdente, se ningún deses candidatos obtén unha maioría absoluta. Se non hai un gañador na primeira volta, os dous candidatos con máis votos van a unha segunda volta.
Na década de 1970 ocorreron dous cambios importantes en canto ao equilibrio de poderes.[11] Tradicionalmente, Francia rexíase de acordo á soberanía parlamentaria: ningunha autoridade podía cuestionar se as leis aprobadas polo Parlamento respetaban os dereitos constitucionais dos cidadáns.[12] En 1971, o Consello Constitucional, alegando que o preámbulo da Constirución fai referencia aos dereitos recollidos en 1789 na Declaración dos dereitos do home e do cidadán e tamén a Constitución de 1979, concluíu que os estatutos debían respectar eses dereitos e declarou parcialmente inconstitucional unha lei, porque violaba a Liberdade de asociación.[13] Porén, só o Presidente da República, o Primeiro Ministro, e o Presidente de cada Cámara do Parlamento podían solicitar a revisión da constitucionalidade dunha lei, o que reduce en gran medida a posibilidade de revisión, se todos estes cargos políticos son do mesmo partido, que era a situación naquel momento. En 1974 unha emenda constitucional ampliou as persoas que podían pedir a revisión dunha lei a 60 membros da Asemblea Nacional e 60 membros do Senado.[14] Dende entón a oposición foi capaz de deter polémicas emendas denunciando a súa constitucionalidade.[15]
↑ProclamationArquivado 15 de setembro de 2019 en Wayback Machine. des résultats des votes émis par le peuple français à l'occasion de sa consultation par voie de référendum, le 28 septembre 1958
↑Constitutional Council, ProclamationArquivado 21 de febreiro de 2012 en Wayback Machine. of the results of the 28 October 1962 referendum on the bill related to the election of the President of the Republic by universal suffrage
Lewis-Beck, Michael S., et al. eds. French Presidential Elections (Palgrave Macmillan; 2012) 232 pages; studies of four presidential contests over the past two decades.
Rogoff, Martin A. French Constitutional Law: Cases and Materials (Durham, Carolina Academic Press, 2010.[1]
Thody, Philip. The Fifth French Republic: Presidents, Politics and Personalities: A Study of French Political Culture (1998) extracto do texto