Pierre Mauroy, nado en Cartignies o 5 de xullo de 1928 e finado en Clamart o 7 de xuño de 2013, foi un político francés. Ocupou o cargo de primeiro ministro durante a presidencia de François Mitterrand, dende o 21 de maio de 1981 ata o 17 de xullo de 1984.
En 1969, Mauroy participou na reestruturación do Sección Francesa da Internacional Obreira como Partido Socialista.