Jacques Laffitte, nado en Baiona o 24 de outubro de 1767 e finado o 26 de maio de 1844, foi un banqueiro e político francés, Primeiro Ministro de Francia, entre 1830 e 1831.
Traxectoria
Procedente dunha familia humilde, Jacques Laffitte experimentou un rápido ascenso no mundo bancario que o levou ó posto de gobernador do Banco de Francia. Deputado liberal, participou na revolución de xullo en 1830 e converteuse en Primeiro Ministro con Luís Filipe de Orleáns.