Oswald Spengler

Modelo:BiografíaOswald Spengler

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(de) Oswald Arnold Gottfried Spengler Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de maio de 1880 Editar o valor en Wikidata
Blankenburg (Imperio Alemán) Editar o valor en Wikidata
Morte8 de maio de 1936 Editar o valor en Wikidata (55 anos)
Múnic (Alemaña nazi) Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia cardíaca Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaNordfriedhof (Munique) (pt) Traducir, Sektion 125, Grabanlage 2 Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Halle-Wittenberg - filosofía
Universidade Humboldt de Berlín
Universidade de Múnic Editar o valor en Wikidata
Director de teseAlois Riehl Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónhistoriador, matemático, sociólogo, filósofo, escritor Editar o valor en Wikidata
MovementoMovimento Revolucionário Conservador (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Шпенглер Освальд)
Obálky knih,
Dicionario Enciclopédico Granat Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1028911 Dialnet: 1687511 Discogs: 3591498 WikiTree: Spengler-410 Editar o valor en Wikidata

Oswald Spengler (18801936) foi un filósofo alemán, nado en Blankenburg, Harz o 29 de maio de 1880. Logo dos estudos universitarios en Múnic, Berlín e Halle, foi profesor de matemáticas en Hamburgo, mais abandonou rapidamente o ensino para consagrarse á escritura da súa obra magna : A Decadencia de Occidente. Escrita antes da primeira guerra mundial, e publicada a súa primeira parte en 1918, daríalle fama en todo o mundo. En Alemaña converteuse nun dos autores de referencia da « Revolución conservadora » que se oporá á Alemaña de Weimar.

A Decadencia de Occidente é unha obra de síntese histórica que reúne á vez a economía política e a política, as ciencias e as matemáticas, as artes plásticas e a música. Nela analiza a historia diferenciando as grandes culturas históricas, que semellantes a seres biolóxicos, nacen, viven, declinan e morren. Spengler distinguiu oito grandes culturas principais e tres actitudes principais propias de Occidente : a actitude apolínea, a actitude máxica e a actitude fáustica.

Esta síntese aparece á vez fría e lúcida. Spengler é un dos últimos autores sobrecollidos polo romanticismo do fracaso das civilizacións e a melancolía do fin do mundo.

Desenvolveu ademais unha visión cíclica ou «esférica» da historia, co que esta carece de sentidos. Cada cultura está determinada pola súa herdanza, os seus valores e o seu sentimento do destino. A obra inspirou a numerosos autores contemporáneos: Thomas Mann, Ernst Jünger, Emil Cioran, Martin Heidegger, Raymond Aron, Arnold Toynbee.

Obras (selección)