Wilhelm Dilthey |
|
Nacemento | (de) Wilhelm Christian Ludwig Dilthey 19 de novembro de 1833 Biebrich (Confederación Xermánica)
|
---|
Morte | 1 de outubro de 1911 (77 anos) Seis am Schlern (Imperio Austrohúngaro)
|
---|
Causa da morte | morte natural |
---|
Lugar de sepultura | Biebrich (en) |
---|
Relixión | Igreja evangélica (pt) |
---|
Educación | Universidade de Heidelberg Universidade Humboldt de Berlín |
---|
|
Campo de traballo | Filosofía, história intelectual (pt) e understanding psychology (en) |
---|
Ocupación | filósofo, sociólogo, profesor universitario, crítico literario, pedagogo, psicólogo, teólogo, historiador, mestre |
---|
Período de tempo | Filosofía contemporánea |
---|
Empregador | Universidade de Breslau Universidade Humboldt de Berlín Universidade de Basilea Universidade de Kiel (pt) |
---|
Membro de | |
---|
Movemento | Filosofía occidental |
---|
Influencias | |
---|
|
Doutorando | Richard Hamann, Leo Baeck, Eberhard Gothein e Georg Misch |
---|
|
Cónxuxe | Katharina Dilthey |
---|
Fillos | Clara Misch |
---|
Irmáns | Karl Dilthey Lilly Usener Marie Dilthey |
---|
|
|
|
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Дильтей Вильгельм) Dictionary of Biblical Criticism and Interpretation (2007 ed.) (en) , (sec:Dilthey, Wilhelm (1833-1911)) Obálky knih, |
---|
|
Wilhelm Dilthey, nado en Biebrich o 19 de novembro de 1833 e finado en Seis am Schlern o 1 de outubro de 1911 foi un filósofo alemán, pai do historicismo filosófico.
Traxectoria
Estudou en Heidelberg e Berlín. Foi profesor en Basilea, Kiel, Breslau e Berlín.
Pensamento
Reciprocidade entre historia e vida
Integra na evolución histórica a comprensión da vida. O concepto de vida humana é central no seu pensamento. A filosofía non é unha esixencia simplemente intelectual senón vital. A filosofía ten que abranguer os problemas da vida que son experimentados a través da historia. Aínda que xa Hegel potenciara a dimensión histórica da razón esta, na súa filosofía, seguía sendo un despregue da idea e polo tanto fundamentalmente unha razón lóxica afastada da vida como historia.
A vida ten unha dimensión representativa mediante a que obtemos un coñecemento científico, unha imaxe obxectiva do mundo, unha dimensión afectiva que fundamentan as valoracións; e unha dimensión volitiva, os principios de acción. Na unidade destas dimensións se leva a cabo a vivencia.
Debe superarse a relatividade histórica e o subsecuente escepticismo así como o saber pechado e rigoroso (a metafísica). Precísase unha idea xeral da totalidade a través das concepcións do mundo. Estas, máis que da vontade de coñecer, nacen das actitudes vitais. A metafísica é inevitable en canto que necesitamos poñer orde e orientarnos no medio dos enigmas da vida, pero a metafísica é unha tarefa aberta.
As ciencias do espírito
Dilthey busca un fundamento gnoseolóxico ás ciencias do espírito, os límites dentro dos cales é posible en cada unha delas o coñecemento. A solución a esta tarefa a denomina como Crítica da razón histórica, en paralelo á crítica da razón pura de Inmanuel Kant.
Dilthey trata de responder a como é posible delimitar as ciencias naturais con respecto as ciencias culturais. Estas últimas fundaméntanse na vivencia mesma, na súa expresión e na súa comprensión. Os xuízos, conceptos e coñecementos das ciencias do espírito teñen como alicerce a vivencia. A raíz última da concepción do mundo é a vida, unha vida que é revivida de novo en cada individuo e aínda que se subtrae á observación, como mero momento que é do presente, é retida, porén, no eco da lembranza e, por outra banda, pode ser abranguida en toda a súa fondura por medio da comprensión e da interpretación. Só a partir da vida humana se poderán comprender fundadamente as súas diferentes manifestacións culturais, o sentido da historia e a necesidade e os problemas da filosofía.
As ciencias do espírito parten da conexión psíquica dada na experiencia interna e teñen como obxecto o home na súa totalidade. O coñecemento da realidade histórico-social lévase a cabo nas ciencias do espírito.
Obras
- Einleitung in die Geitesswissenschaften(1883)
- Der Aufbau der geschichtlisen Welt in den Geistesswissenschaften (1910)