Manganeso
O manganeso é un elemento químico de número atómico 25 e símbolo Mn. Está situado no grupo 7 da táboa periódica dos elementos e pertence ó grupo dos metais de transición. Características principaisO manganeso é un metal de transición branco agrisado, semellante ao ferro. É un metal duro e moi fráxil, refractario e facilmente oxidable. O manganeso metal pode ser ferromagnético, pero só despois de sufrir un tratamento especial. Os seus estados de oxidación máis comúns son +2, +3, +4, +6 e +7, aínda que se atoparon dende +1 a +7; os compostos nos que o manganeso presenta estado de oxidación +7 son axentes oxidantes moi enérxicos. Dentro dos sistemas biolóxicos, o catión Mn+2 compite frecuentemente co Mg+2. Emprégase sobre todo aleado con ferro en aceiros e noutras aliaxes. HistoriaChegouse a atopar dióxido de manganeso, MnO2, en pinturas rupestres (dando unha cor negra). Tamén se utilizaron ao longo da historia, por exemplo polos exipcios e os romanos, compostos de manganeso para decolorar o vidro ou ben darlle cor. Así mesmo, atopouse manganeso na minas de ferro utilizadas polos espartanos, e pénsase que talvez sexa debido a isto a especial dureza dos seus aceiros. No século XVII, o químico alemán Glauber, produciu por primeira vez permanganato, un reactivo de laboratorio bastante empregado. A mediados do século XVIII, o dióxido de manganeso empregouse para a produción de cloro. O químico sueco Scheele foi o primeiro que descubriu que o manganeso era un elemento, pero foi Johan Gottlieb Gahn quen o illou por redución do dióxido con carbono. A principios do século XIX comezouse a probar o manganeso en aliaxes de aceiro, e en 1816 comprobouse que endurecía ao aceiro sen facelo máis fráxil. Papel biolóxicoO manganeso é un oligoelemento, sendo considerado un elemento químico esencial para tódalas formas de vida. Está comprobado que ten un papel tanto estrutural como encimático, atopándose presente en distintas encimas. Abundancia e obtenciónÉ o duodécimo elemento máis abundante na codia terrestre e atópase amplamente distribuído. Atópase en centos de minerais aínda que só ao redor dunha ducia deles teñen interese industrial. Entre estes minerais destacan a pirolusita (MnO2), a psilomelana (MnO2·H2O), a manganita (MnO(OH)), a braunita (3Mn2O3·MnSiO3) ou a rodonita (MnSiO3) entre outros. Tamén se ten atopado en nódulos mariños, onde o contido en manganeso oscila entre un 15 e un 30%. Os países cos maiores xacementos de minerais de manganeso son Suráfrica, Ucraína, Bolivia e a China. O metal obtense por redución dos óxidos con aluminio, e o ferromanganeso obtense tamén reducindo os óxidos de ferro e manganeso con carbono. PrecauciónsO manganeso é un elemento esencial, sendo necesario unha achega de entre 1 a 5 mg por día, cantidade que se consegue a través dos alimentos. Pola contra o manganeso en exceso é tóxico, xa que exposicións prolongadas a compostos de manganeso, de forma inhalada ou oral, poden provocar efectos adversos no sistema nervioso, respiratorio e outros. NotasVéxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas |