Lamberto Leoni, nado en Argenta o 24 de maio de 1953, é un expiloto de carreiras italiano. Participou en cinco Grandes Premios do Campionato do Mundo de Fórmula Un, non conseguindo cualificar a tres. Non logrou puntos de campionato.
Traxectoria
Logo de competir na Fórmula 3 e Fórmula 2 con resultados mixtos, Leoni debutou na Fórmula Un cun Surtees TS19 no Gran Premio de Italia de 1977, pero non conseguiu cualificar. Ao ano seguinte uniuse ao Ensign pero deixouno logo de dous fallos máis na cualificación.
Leoni volveu á Fórmula 2 e logo a Formula 3000, formando o seu propio equipo First Racing en 1987. O equipo fixo un abortado intento de entrar na Fórmula Un cun coche que máis tarde foi usado polo equipo Life que non tivo éxito. Posteriormente dirixiu a carreira de Marco Apicella.
Logo das súas actividades do F3000, Leoni participou en carreiras de motonaútica, gañou moitas carreiras e case gañou o Campionato do Mundo de 1993.[1]
Rexistro de carreiras
Resultados completos no Campionato de Europa de Fórmula 2
(clave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en italica indican volta rápida)
Resultados completos na Fórmula 3000 Internacional
(key) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en italica indican volta rápida)
Resultados completos na Fórmula Un
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Resultados nas 24 Horas de Le Mans
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas