O Gran Premio de España de 1978 foi unha carreira de Fórmula 1 celebrada no Circuíto do Jarama en Madrid, España o 4 de xuño de 1978. A carreira foi a sétima rolda da tempada 1978 de Fórmula Un.
Resumo
Unha vez máis o novo Lotus 79 demostrou a súa velocidade, de novo, con Mario Andretti na pole, Ronnie Peterson ao seu carón (pilotando o 79 por primeira vez), e Carlos Reutemann na segunda fila. James Hunt fixo un gran comezo, e lideraba na primeira curva por diante de Andretti e Reutemann, Peterson caeu á novena posición. Hunt liderou durante sete voltas antes de que o pasase Andretti. Reutemann marchou terceiro ata que tivo que entrar en boxes para cambiar os pneumáticos, polo que John Watson quedou terceiro ata que foi pasado por Jacques Laffite, pero un recuperado Peterson pasou aos dous. Hunt sufría problemas de pneumáticos e empezou a caer de novo, e así Peterson acadou a segunda posición e terceiro quedou Laffite. Así se mantivo ata o final, Andretti gañou e xunto a Peterson noutro Lotus fico un 1-2, Laffite conseguiu a última praza do podio.
Clasificación
Posicións logo da carreira
- Clasificación no campionato de pilotos
|
- Clasificación do campionato de construtores
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas