O Gran Premio de Mónaco de 1977 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 22 de maio de 1977 no Circuíto de Mónaco en Monte Carlo, Mónaco. Foi a sexta carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1977.
John Watson logrou a primeira pole da súa carreira para Brabham compatindo a primeira fila con Jody Scheckter segundo e Carlos Reutemann terceiro. Scheckter adiantou a Watson na primeira curva, con Reutemann no terceiro posto nas primeiras voltas ata que foi adiantado polo seu compañeiro de equipo Niki Lauda. Watson foi segundo tras Scheckter ata a metade da carreira, cando tivo que retirarse con problemas na caixa de cambios, permitindo a Lauda achegarse a Scheckter, pero este último fixo un pilotaxe perfecto e logrou a súa segunda vitoria da tempada. Lauda tivo que conformarse co segundo posto, con Reutemann completando o podio.
Clasificación
Clasificación
Posicións logo da carreira
- Clasificación no campionato de pilotos
|
- Clasificación do campionato de construtores
|
- Notas: Só están incluídos os cinco primeiros postos da clasificación.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas