Ian Scheckter, nado o 22 de agosto de 1947 en East London, Suráfrica, é un expiloto de carreiras. Participou en 20 Grandes Premios do Campionato do Mundo de Fórmula 1, debutou o 30 de marzo de 1974. Non anotou puntos de campionato.
É o irmán máis vello do campión do mundo Fórmula 1 de 1979 Jody Scheckter e tío do corredor de IRL Tomas Scheckter, as súas primeiras carreiras na F1 foron no Gran Premio de Suráfrica, pilotando primeiro un Lotus 72 para o equipo local Gunston en 1974. O ano seguinte e tamén no 1976, pilotou un Tyrrell 007 para Lexington Racing, e fixo un par de carreiras europeas con Williams.
Na competición nacional Scheckter estivo preto de poñer fin á racha títulos de Dave Charlton no campionato nacional de pilotos de Suráfrica en 1975, pero nos seus dous períodos como competidor a tempo completo dominou o campionato gañando 49 carreiras e igualando a John Love e a Charlton con 6 campionatos.
Asegurou suficientes fondos para unha tempada completa co equipo March de F1, en 1977, pero tivo uns pobres resultados, axudado en gran parte polo feito de que nalgunhas carreiras o equipo March tiña ata cinco pilotos contratados e carecía de recursos para proporcionar coches competitivos a todos eles. Esta situación significou o final da súa carreira na F1. O último Gran Premio de Scheckter ía ser o Gran Premio do Xapón de 1977, pero foi detido e logo expulsado do Xapón debido a que só tiña unha visa de turista no seu pasaporte surafricano e as obxecións xaponesas ao réxime de apartheid surafricano.[1]
Resultados completos na Fórmula Un
(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Notas
- ↑ Lawrence, Mike (1990). The Story of March. Osceola: Motorbooks International. p. 121. ISBN 0-946627-24-X.