O Gran Premio de Alemaña de Fórmula 1 de 1974 (formalmente o XXXVI Großer Preis von Deutschland) foi unha carreira de Fórmula 1 que se celebrou en Nürburgring o 4 de agosto de 1974. A carreira, disputada sobre 14 voltas, foi a 11º rolda da tempada de Fórmula Un de 1974.
Foi o 36º Gran Premio de Alemaña e a 33ª vez que se celebraba no complexo de circuítos de Nürburgring. A carreira foi gañada polo piloto suízo Clay Regazzoni pilotando un Ferrari 312B3. Regazzoni liderou cada volta no camiño á súa segunda vitoria nun Gran Premio, catro anos logo da súa primeira vitoria no Gran Premio de Italia de 1970. O piloto de Suráfrica Jody Scheckter foi segundo pilotando un Tyrrell 007 por diante do arxentino Carlos Reutemann (Brabham BT44).
Desde a carreira de 1973 a recta principal fora ensanchada e reasfaltada. En resposta ás novas regulacións da FIA que indicaban que todas as carreiras da FIA por mandato debían ter muros de seguridade, os organizadores substituíron os arbustos que bordeaban a recta por barreiras Armco e colocaron unha superficie de area a ambos os dous lados da recta. A vitoria de Regazzoni, xunto co accidente de Niki Lauda na primeira volta permitiu ao piloto suízo de Ferrari volver a liderar o campionato. Lauda estrelou o seu Ferrari 312B3 ó intentar pasar a Scheckter. Emerson Fittipaldi tivo tamén unha retirada anticipada logo de facer unha saída moi lenta no seu McLaren M23 e foi golpeado polo seu compañeiro de equipo Denny Hulme retirándose os dous coches. Hulme tratou de reiniciar a carreira nun coche de reposto e foi descualificado por iso. Mike Hailwood foi outro dos que chocou, tivo un grande accidente na penúltima volta en Pflanzgarten no seu McLaren M23. O ex motociclista rompeu unha perna no accidente, lesión que significou o final da súa carreira. Caeron choivas ocasionalmente durante a carreira, o que contribuíu a alta cifra de accidentes, que tamén sufriron Patrick Depailler (Tyrrell 007), Jacques Laffite (Williams FW02) e John Watson (Brabham BT44). Só 14 coches terminaron a carreira, aínda que Hailwood tamén se clasificaría como unha unidade que finalizou, dos 26 titulares. Había seis coches que non puideron cualificar como Chris Amon (Amon AF101), que se retiraron debido á problemas físicos.
Howden Ganley tamén sufriu un grave accidente durante os adestramentos do venres. A suspensión traseira fallou no Maki en Hatzenbach e saíuse á dereita contra as barreiras Armco, arrincando a parte dianteira do coche. As pernas de Ganley colgaban da parte frontal do coche. Arranxoullas para saír por si mesmo, pero estomballouse ao chegar á cerca, cos nocellos feridos de gravidade. Isto levou á retirada de Ganley da Fórmula 1.
Regazzoni logrou sacar tres puntos de vantaxe no campionato sobre Scheckter. O ex líder do campionato Lauda baixou ao terceiro posto, seis puntos por detrás do seu compañeiro de equipo de Ferrari, e só un por diante de Fittipaldi. Ferrari acadou oito puntos de vantaxe sobre McLaren no campionato de construtores.
Clasificación
Posicións logo da carreira
- Clasificación do campionato de pilotos
|
- Clasificación do campionato de construtores
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os 7 mellores resultados das primeiras 8 roldas e os 6 mellores resultados das últimas 7 roldas contan para o campionato. Os números sen paréntese son os puntos do campionato, os números entre paréntese son o total de puntos anotados.
Notas
Ligazóns externas
A menos que se indique o contrario, todos os resultados da carreira tómanse de "The Official Formula 1 website". Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2015. Consultado o 2007-06-15.