O Ferrari 312B foi unha serie de modelos de coches de carreiras de Fórmula Un, deseñados e construídos pola Scuderia Ferrari. Foi o sucesor do Ferrari 312 e foi utilizado desde 1970 ata principios de 1975. Fixéronse varias versións: o 312B, 312B2 e 312B3.
A década de 1970 viu o regreso do éxito para a Scuderia, a marcha de Chris Amon, e o regreso de Jacky Ickx para unirse a Clay Regazzoni. Un motor 12 en liña, coloquialmente coñecido como "boxer" (aínda que non é un motor boxer real), foi desenvolvido para o seu uso no novo Ferrari 312B, o que supuso un baixo centro de gravidade.
Durante a primeira tempada, a de 1970, Ickx loitou co Lotus de Jochen Rindt e gañou tres Grandes Premios, mentres que o emotivo Gran Premio de Italia de 1970 foi gañado por Clay Regazzoni, tras a morte de Rindt na semana anterior á carreira. Nas carreiras restantes, Ickx non puido superar os puntos de Rindt para o título de pilotos, e Lotus gañou o Campionato de Construtores por diante de Ferrari.
A tempada de Fórmula Un de 1971 comezou cun triunfo da nova fichaxe, Mario Andretti, seguida por outra vitoria de Ickx. Ferrari en última instancia, ocupou o segundo lugar no Campionato de Construtores, e Jackie Stewart con Tyrrell dominaron a tempada.
Na tempada de Fórmula Un de 1972, Ferrari non podía manterse ao día cos avances da competición, caendo ao cuarto posto ao final do ano. Ickx gañou o Gran Premio de Alemaña de 1972 na súa pista favorita, Nürburgring, pero esta ía ser a súa última vitoria nun Gran Premio. A tempada de coches deportivos de carreiras foi un éxito para Ferrari, co Ferrari 312PB baseado no coche de F1.
Na tempada de Fórmula Un de 1973, o Ferrari 312B2 xa non era competitivo, e só logrou o 4º lugar con Icks, no Gran Premio de apertura da tempada. Ademais os coches deportivos, foron batidos polos franceses Matra, o programa de F1 da escuadra italiana foi abandonado, e ata saltaronse algunhas carreiras de F1, en particular Nürburgring. Isto non era aceptable para Ickx, xa que o circuíto de Nürburgring, onde celebrabase o Gran Premio de Alemaña ese ano, era a súa pista favorita. Como resultado diso, deixou o equipo a metade de tempada co fin de disputar o Gran Premio de Alemaña de 1973 cun McLaren, onde acadou o terceiro posto detrás dos Tyrrells de Stewart e François Cevert.
Ferrari fichou aos pilotos de BRMNiki Lauda e Clay Regazzoni para reconstruír o equipo da tempada de Fórmula Un de 1974. Presentando un novo modelo, o 312B3, baseado nun prototipo chamado "quitaneves"[1] .
O coche foi substituído polo 312T, que foi presentado para a tempada de Fórmula Un de 1975.