O Gran Premio de Austria de 1971 foi unha carreira do Campionato do Mundo Fórmula 1 celebrada no Circuíto de Österreichring o 15 de agosto de 1971. Foi a oitava carreira da tempada de Fórmula Un de 1971.
Jo Siffert gañou a pole por sorpresa a Jackie Stewart e liderou por diante de Clay Regazzoni e Jacky Ickx. Os dous primeiros afastáronse do resto, onde Regazzoni loitaba con François Cevert e Ickx perdía posicións con problemas mecánicos. Na volta 32, Ickx retirouse cun problema de buxías.
Na volta 36, a carreira de Stewart terminou cun violento accidente, o eixe de transmisión traseiro esquerdo rompeuse e a roda foi arrincada. Saíu ileso para rematar como campión do mundo trala retirada de Ickx. Cevert estaba perseguindo a Siffert, pero a 12 voltas para o final a súa caixa de cambios rebentou.
Fittipaldi Reducía rapidamente a distancia co líder do BRM, debido a unha picada na roda traseira esquerda do suízo. Pero amañouse para coidar o coche e lograr a vitoria por 4 segundos. Schenken foi terceiro, con Wisell impoñendose a Hill no cuarto lugar, o inglés sufriu unha picada nos últimos instantes e Pescarolo terminou sexto.
Clasificación
Posicións logo da carreira
- Clasificación no campionato de pilotos
|
- Clasificación do campionato de construtores
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
- Jackie Stewart gañou o campionato de pilotos a falta de 3 carreiras.
- Este foi o primeiro Gran Premio do futuro triplo campión do mundo, Niki Lauda.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas