O Gran Premio dos Países Baixos de 1970 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 21 de xuño de 1970 no circuíto de Zandvoort. Foi a quinta carreira da tempada de Fórmula Un de 1970.
A carreira foi gañada polo piloto de Lotus-Ford Jochen Rindt co seu novo chasis monocasco- Tipo 72, que só correra dúas veces antes (pero con especificacións diferentes), 3 anos despois do triunfo do seu predecesor, o Tipo 49 que gañou en 1967 na mesma pista co defunto Jim Clark pilotando. A carreira viuse empañado polo accidente mortal do piloto británico Piers Courage pilotando un De Tomaso-Ford do equipo Frank Williams.
Piers Courage morreu nun violento accidente na volta 22, no túnel Oost, cando a suspensión do seu coche danouse logo de golpear un bordillo, e o coche foise directo a un terraplén de herba. Logo deu un salto mortal e estalou, Courage morreu instantaneamente polo impacto. As chamas eran tan intensas, que as árbores que rodeaban o lugar do accidente, tamén arderon. Un accidente similar ocorreu na carreira de 1973, que se cobrou a vida de Roger Williamson.