O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1967 foi a 18ª tempada de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), e a 10ª Copa Internacional de construtores de F1. O campionato contou con once Grandes Premios que se iniciaron o 2 de xaneiro e finalizaron o 22 de outubro.
Resumo do campionato
No Gran Premio de Holanda, Lotus patrocinado por Ford presentou o novo motor Cosworth DFV, motor que ía ser un dos motores de carreiras mais extraordinarios de todos os tempos, gañador de 155 grandes premios, Le Mans e Indianápolis. Aínda que Jim Clark gañou catro carreiras, Denny Hulme gañou o título en virtude da súa maior regularidade.
Historicamente, Denny Hulme e o primeiro dos dous únicos pilotos que gañaron o título sen lograr unha pole posición na tempada. Só Niki Lauda logrou repetir esta fazaña en 1984.
Os puntos para o Campionato Mundial de Condutores de 1967 outorgáronse da seguinte forma 9-6-4-3-2-1 aos seis finalistas en cada carreira. Só os cinco mellores resultados das primeiras seis carreiras e os catro mellores resultados das últimas cinco carreiras poderían ser computados por cada condutor.
Piloto de probas dos venres (PP) (desde 2003 en diante)
En branco
Non participou nas prácticas (NPP)
Excluído (EX)
Non chegou (NCG)
Negra – Pole Cursiva – Volta rápida
1 Pilotos non aptos para puntuar na Fórmula Un, porque pilotaron un Fórmula 2
Clasificación do Mundial de Construtores de 1967
Os puntos para o Campionato Mundial de Construtores de 1967 outorgáronse da seguinte forma 9-6-4-3-2-1 aos seis finalistas en cada carreira. Só puntuaba o coche mellor clasificado de cada fabricante, en cada carreira. So contabilizaban os cinco mellores resultados das seis primeiras carreiras e os catro mellores resultados das últimas cinco carreiras.