O Gran Premio do Reino Unido de 1971 foi unha carreira de automobilismo de Fórmula Un, celebrada o 17 de xullo de 1971 no circuíto de Silverstone, Northamptonshire e Buckinghamshire, Inglaterra. Foi a sexta carreira do Campionato do Mundo da tempada de 1971.
Nun dos circuítos máis rápidos do calendario, no que a potencia era fundamental, Clay Regazzoni, pilotando un Ferrari, gañou a pole cunha rapidísima volta de 1 min 18´1 segundos, superando a Jackie Stewart co Tyrrell e Jo Siffert co BRM por só un par de centésimas de segundo. BRM estaba de loito pola perda de Pedro Rodríguez nunha carreira uns días antes.
A saída en si foi un caos, unha baixada de bandeira errada causou unha colisión entre Jackie Oliver e Graham Hill, pola que Oliver foi multado con 50 libras. Regazzoni lideraba seguido de Jacky Ickx e Stewart, pero logo de só unha volta Stewart pasou a Ickx, con Siffert seguíndoo. Na volta 4, Stewart pasou a Regazzoni e desapareceu na distancia. Na volta 10 tiña máis de 3 segundos de vantaxe. Nas posicións de puntos, Emerson Fittipaldi, Ronnie Peterson e Tim Schenken estaban tendo unha pelexa memorable. Regazzoni volveu a pasar a Siffert que sufría de problemas de vibracións na volta 15, pero o piloto de BRM logrou aferrarse á parte traseira do Ferrari durante varias voltas. Stewart aumentou a súa vantaxe a 14 segundos e na volta 20 incrementouna a 18 segundos. Ickx deixou a cuarta posición cando lle rebentou o seu pneumático dianteiro esquerdo, e Siffert perdeu posicións cun soporte de bobina roto. A batalla entre Peterson, Schenken e Fittipaldi era polos lugares terceiro, cuarto e quinto.
Na volta 48, Regazzoni tivo problemas cos pneumáticos aos que sumáronse outros problemas cando tratou de saír dos pits logo do seu cambio de pneumáticos xa que o seu motor non tiña presión de aceite. Schenken tamén perdeu posicións con problemas no cambio e retirouse por completo cando se atascou a 4 voltas do final.
Henri Pescarolo e Rolf Stommelen loitaron pola cuarta e quinta praza, ata a mesma liña de meta, Pescarolo gañou por tan só 0´5 segundos. John Surtees quedou no sexto lugar.
Stewart logrou unha vitoria impoñente e ampliou a súa vantaxe no campionato a 23 puntos.
Clasificación
Posicións logo da carreira
- Clasificación no campionato de pilotos
|
- Clasificación do campionato de construtores
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
References