O Gran Premio de Suráfrica de Fórmula 1 de 1977, celebrouse no Circuíto de Kyalami Kyalami, Gauteng, o 5 de marzo de 1977. Foi a terceira rolda da tempada de Fórmula Un de 1977. Foi o 23º Gran Premio de Suráfrica desde o primeiro Gran Premio disputado en 1934 e o décimo que se celebrou en Kyalami, nos arredores de Xohanesburgo. Levouse a cabo sobre 78 voltas ao circuíto de catro quilómetros para unha distancia de carreira de 320 quilómetros.
A carreira é lembrada principalmente polo accidente mortal que cobrou a vida do comisario de pista Frederick Jansen Van Vuuren e do piloto Tom Pryce. Tamén foi a derradeira carreira de Carlos Pace, que morreu nun accidente de aeronave menos de dúas semanas despois.
Resumo da carreira
James Hunt continuou a súa racha de poles, con Carlos Pace á beira e Niki Lauda terceiro. Hunt liderou na saída, con Lauda e Jody Scheckter detrás logo de que Pace tivera problemas. Esta orde mantívose ata a sétima volta cando Lauda tomou o liderado ata o final da carreira, Scheckter tomou a segunda posición logo de pasar a Hunt 11 voltas máis tarde.
Durante a volta 21, dous comisarios entraron na pista logo de que o Shadow de Renzo Zorzi sufrira un fallo no motor. O segundo comisario, Fredrik Jansen Van Vuuren, foi golpeado polo coche de Tom Pryce e morreu no acto. O extintor de incendios que sostiña voou das súas mans e golpeou a Pryce na cara, causándolle a morte e estando a piques de decapitalo.
A pesar do accidente a carreira continuou. Lauda logrou a súa primeira vitoria desde o seu terrible accidente do ano anterior. O surafricano Scheckter foi segundo, e o seis rodas de Patrick Depailler foi terceiro logo de pasar a Hunt nas últimas voltas.
Clasificación
Accidente
Na volta 22, o Shadow do piloto italiano Renzo Zorzi retirouse da carreira cun fallo no motor e saíu fóra da pista polo lado esquerdo. Momentos despois de que o coche detívose nunha cima cega, o motor incendiouse. Dous comisarios correron pola pista con extintores para apagar o lume xa que a carreira continuaba. Nese mesmo momento, Pryce, no outro Shadow, e Hans-Joachim Stuck, que pilotaba un March-Ford, coroaron a subida. Stuck esquivounos dando un volantazo, pasando moi preto do primeiro comisario, pero Pryce, que marchaba detrás do alemán non os veu, non tivo tempo de reaccionar antes de golpear o segundo comisario, Frederick Jansen Van Vuuren, quen morreu no acto.
No momento do impacto do coche co comisario, o extintor de incendios que levaba Jansen van Vuuren saíu voando e estrelouse contra a cabeza de Pryce, rompendo o ríxido casco do piloto. O impacto arrincou os restos do casco de protección de Pryce e fixo que a correa do queixo case decapitara ao piloto. O Shadow continuou correndo pola recta principal a toda velocidade con Pryce aínda sentado detrás do volante. O coche finalmente saíu da pista na primeira curva deixando ao Ligier de Jacques Laffite fóra da carreira no proceso. Todo o incidente foi filmado por un equipo de televisión que cubría a carreira.[1]
As lesións de Jansen Van Vuuren foron tan graves que, o seu corpo non foi identificado ata que o director da carreira convocou a todos os comisarios de carreira e viu que Van Vuuren non estaba entre eles.
O feito incluíuse na película de carreiras de motor Rápido e mortal.
Posicións logo da carreira
- Clasificación no campionato de pilotos
|
- Clasificación do campionato de construtores
|
- Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas