Jean Anouilh, nado en Bordeos o 23 de xuño de 1910 e finado en Lausana o 3 de outubro de 1987, foi un dramaturgo francés.
Traxectoria
De antepasados éuscaros, en 1928 converteuse en secretario de Louis Jouvet. En 1929 escribe a súa primeira obra, Humulus le muet, unha farsa, pero non será ata 1932 en que escribe a súa primeira verdadeira obra, L'Hermine. En 1937 ten o seu primeiro éxito con Voyageur sans bagage. Durante a ocupación nazi segue a escribir, sen optar nin pola resistencia nin pola ocupación. En 1942 escribiu Antigone, a súa peza máis coñecida, estreada en 1944 e traducida ao galego en 1958 por Xosé Manuel Beiras Torrado e Xosé Luís Franco Grande co título de Antígona.
Obras
- L'Hermine (1932)
- Mandarine (1933)
- Y avait un prisonnier (1935)
- Le voyageur sans bagage (1937)
- La sauvage (1938)
- Le bal des voleurs (1938)
- Léocadia (1940)
- Eurydice (1941)
- Le rendez-vous de Senlis (1941)
- Antigone (1942)
- Roméo et Jeannette (1946)
- L'invitation au château (1947)
- Ardèle ou la Marguerite (1948)
- La répétition ou l'amour puni (1950)
- Colombe (1951)
- La valse des toréadors (1952)
- L'alouette (1952)
- Ornifle ou le courant d'air (1955)
- Pauvre Bitos ou le dîner de têtes (1956)
- Becket ou l'honneur de Dieu (1959)
- L'hurluberlu ou le réactionnaire amoureux (1959)
- La petite Molière (1959)
- La Grotte (1961)
- Le boulanger, la boulangère et le petit mitron (1968)
- Cher Antoine (1969)
- Chers zoizeaux (1976)
- Le nombril (1981)
Véxase tamén
Bibliografía