Grupos étnicos de Europa
Mapa coa distribución das principais linguas de Europa.
Os grupos étnicos de Europa son a principal área de estudo da etnoloxía europea, un campo da antropoloxía relacionado con varios grupos étnicos que residen nas nacións de Europa . Segundo a monografía alemá Minderheitenrechte in Europa co-editada por Pan e Pfeil (2002) existen 87 pobos de Europa , dos cales, 33 forman a maioría da poboación en polo menos un estado soberano, mentres que os restantes 54 constitúen minorías. O número total da poboación minoritaria en Europa estímase en 105 millóns de persoas, representando o 14% dos 770 millóns de europeos.[ 1]
Non existe unha definición precisa e universalmente aceptada dos termos "grupo étnico" ou "nacionalidade". No contexto da etnografía europea en particular, os termos grupo étnico , pobo (sen estado nación), nacionalidade , minoría nacional , minoría étnica , comunidade lingüística , grupo lingüístico , minoría lingüística e o haplogrupo xenético son empregados como sinónimos, malia que as preferencias por un ou outro termo poden variar dependendo da situación específica dos países de Europa.[ 2]
Visión global
Existen oito pobos de Europa (definidos pola lingua) con máis de 30 millóns de membros residindo en Europa. Estes oito grupos representan arredor de 465 millóns de persoas ou o 65% da poboación europea:
Rusos (c. 95 millóns residindo en Europa),[ 3]
Alemáns (c. 82 millóns)[ 3]
Franceses (c. 60 millóns)[ 4]
Británicos (c. 60 millóns)[ 5] [ 6]
Italianos (55 millóns)[ 7]
Españois (c. 50 millóns)[ 8]
Ucraínos (38–55 millóns)
Polacos (c. 38 millóns)
Arredor de 20 ou 25 millóns de europeos (3%) son membros de diásporas de orixe non europea. A poboación da Unión Europea , con máis de cincocentos millóns de residentes, representa dous terzos da poboación europea.
Tanto España coma o Reino Unido son casos especiais nos que a designación de nacionalidade española e británica , pode xerar controversia con aspectos étnicos que afectan a varios grupos rexionais. Suíza é un caso semellante, pero os subgrupos lingüísticos dos suízos non son debatidos en termos de etnicidade e Suíza é considerado un "estado multilingüe" máis que un "estado multiétnico".
Clasificación lingüística
Linguas de Europa.
Cunha poboación de preto de 730 millóns de persoas (no 2005), arredor do 80% ou máis de 600 millóns pertencen a algunha das seguintes tres pólas das linguas indoeuropeas , a eslava , a románica e a xermánica . Os meirandes grupos étnicos que non se encadran en ningunha desas tres pólas son gregos (arredor de 12 milóns) e os albaneses (arredor de 8 millóns). Ademais das linguas da familia indoeuropea existen outras dúas familias lingüísticas no continente europeo: as linguas turcas e as linguas urálicas . As linguas semíticas que dominan a costa do norte de África e Oriente Próximo están preservadas en Malta, un arquipélago no mar Mediterráneo . As linguas caucásicas noroccidentais , a lingua éuscara , as linguas kartvelianas e as linguas caucásicas nororientais son linguas illadas sen relación coñecida con outra lingua de dentro ou fóra de Europa.
Grupos étnicos por países
Pan e Pfeil (2002) distinguen 33 pobos que forman a maioría da poboación de polo menos un estado soberano situado xeograficamente en Europa.[ 9] Estas maiorías varían dende poboacións case homoxéneas como as de Albania ou Polonia , a lixeiras maiorías de Letonia ou Bélxica . Montenegro é un estado multiétnico no que non hai un grupo que forme a maioría.
País
Maioría
%
Maiorías rexionais
Minorías[ 10]
Albania
albaneses
95%
gregos ~3%,[ 11] [ 12] e outro 2% (arromaneses , xitanos , macedonios , búlgaros e serbios/montenegrinos).[ 13]
Alemaña
alemáns
81%-91% [ 14]
inclúe bávaros, suabos, saxóns, frisóns , sorbios , silesianos , alemáns de Saarland , polaco-alemáns e dinamarqueses de Schleswig-Holstein ).
turcos 2,1%, outros 6,7% e non europeos 2 ou 5%).[ 14]
Armenia
armenios
98%
Iézidis 1,2%, rusos 0,4%, asirios 0,1%, kurdos 0,1%, outros: gregos , ucraínos , xeorxianos e polacos. (censo 2011) Estatísticas oficiais da RA .[ 15]
Austria
austríacos
91,1%
Eslavos do sur 4% (inclúe croatas de Burgenland , eslovenos de Carintia , serbios e bosníacos ), turcos 1,6%, alemáns 0,9%, e outros 2,4%. (censo de 2001)
Azerbaidján
azerís
91,6%
lezguios 2%
armenios , rusos , talysh , ávaros , turcos , tártaros , ucraínos e polacos .
Bélxica
flamengos
58%
valóns 31%, alemáns 1%
outros (europeos do sur e do leste, africanos, asiáticos e latinoamericanos) 10%.
Belarús
belarusos
83.7%
rusos 8,3%, polacos 3,1%, ucraínos 1,7%, e outros 3,2%. (censo de 2009)
Bosnia e Hercegovina
bosníacos
50,11%
serbios 30,78%, croatas 15,43%
Outros 2,73% (2013)
Bulgaria
búlgaros
84%
turcos 8,8%
xitanos 5%, outros 2% (incluíndo rusos , armenios , tártaros e valacos). (censo de 2001)[ 16]
Kazakhstán
kazakos
63,1%
rusos 23,7%
uzbekos, ucraínos, uigures , tártaros, kirguiz, taxicos, alemáns, polacos e coreanos.
República Checa
checos
90,4%
moravos 3,7%
eslovacos 1,9%, e outros 4%. (censo de 2001)
Chipre
chipriotas gregos
99,5%
chipriotas turcos
Croacia
croatas
90%
serbios 4,5%, outros 5,9% (incluíndo bosníacos, maxiares , eslovenos, checos , dálmatas italianos , austro-xermanos, romaneses e xitanos ). (censo de 2001)
Dinamarca
dinamarqueses
90%[ 17]
feroeses
outros escandinavos, alemáns, frisóns , outros europeos, groenlandeses e outros.
Eslovaquia
eslovacos
86%
maxiares 9,7%
xitanos 1,7%, rutenos/ucraínos 1%, outros 1,8% (censo de 2001)
Eslovenia
eslovenos
83,1%
serbios 2%, croatas 1,8%, bosníacos 1,1%, outros (dálmatas italianos , alemáns, maxiares e romaneses) e sen especificar 12% (censo de 2002).
España
españois
89%
casteláns e leoneses , cataláns , galegos , asturianos , vascos
xitanos , xudeus, latinoamericanos, romaneses, norteafricanos, subsaharianos, chineses, filipinos, árabes e británicos.
Estonia
estonianos
68%
rusos 25,6%
ucraínos 2,1%, belarusos 1,3%, finlandeses 0,9%, e outros (alemáns do báltico, suecos e dinamarqueses) 2,2%. (censo de 2000) Inclúe ós falantes de estoniano meridional.
Finlandia
finlandeses
93,4%
suecos 5,6%, saami 0,1%
rusos 0,5%, estonianos 0,3%, xitanos 0,1% e turcos 0,05%. (2006)
Francia
franceses
84%
(inclúe ós considerados "grupos rexionais" como bretóns , corsos , occitanos , alsacianos, normandos , picardos, saboianos, vascos , cataláns e flamengos ).
outros europeos 7%, norteafricanos 7%, subsaharianos, indochineses, asiáticos, latinoamericanos e insulares do Pacífico.[ 18]
Grecia
gregos
93%
inclúe minorías lingüísticas 3%
albaneses 4% e outros (arromaneses/meglenorromaneses, turcos de Creta e macedonios gregos/eslavos gregos 3%. (censo de 2001)
Hungría
maxiares
92,3%
xitanos 1,9%, alemáns 1,2%, outros (croatas, romaneses, búlgaros , turcos e rutenos) 4,6%. (censo de 2001)
Irlanda
irlandeses
87,4%
(letóns, polacos e ucraínos) 7,5%, asiáticos 1,3%, africanos 1,1%, mestizos 1,1%, e sen especificar (escoceses do Ulster e nómades irlandeses) 1,6%. (censo de 2006)
Islandia
islandeses
94%
outros (non-nativos/inmigrantes - polacos, rusos, gregos, portugueses e filipinos) 6%.
Italia
italianos
91,7%
xermanófonos en Tirol do Sur e francófonos no Val de Aosta .
sardos , friulianos, occitanos, croatas, arbëreshë , cataláns , gregos , ladinos , eslovenos e xitanos ,[ 19] outros europeos (romaneses, albaneses, ucraínos e polacos) 4%, árabes norteafricanos 1% e outros (chineses, filipinos, indios, africanos e latinoamericanos) 2,5%.[ 20] [ 21] [ 22] [ 23]
Kosovo
albaneses
92%
serbios 4%
outros 4% (bosníacos , goranis , xitanos , turcos e ashkali ).
Letonia
letóns
62,1%[ 24]
rusos 26,9%
belarusos 3,3%, ucraínos 2,2%, polacos 2,2%, lituanos 1,2%, livonios 0,1% e outros 2,0%. (2011)
Lituania
lituanos
83,5%
polacos 6,74%, rusos 6,31%, belarusos 1,23%, outros (tártaros de Lipka ) 2,27% e xudeus 0,01%. (censo de 2001)
Macedonia
macedonios
64%
albaneses 25,2%, turcos 4%
xitanos 2,7%, serbios 1,8%, e outros (gregos, búlgaros, romaneses e croatas) 2,2%. (censo de 2002)
Malta
malteses
95,3%[ 25]
Moldavia
moldovos
76%
ucraínos 8,4%, gagauz 4,4%
rusos 5,9%, romaneses 2,1%, búgaros 1,9%, e outros 1,3% (censo de 2004).
Montenegro
—
montenegrinos 44,98%, serbios 28,73%
bosníacos 8,65%, albaneses 4,91%, e outros (croatas, gregos, xitanos e macedonios) 12,73%. (censo de 2011)
Norte de Chipre
chipriotas turcos
98,7%
gregos chipriotas
Noruega
noruegueses
85–87%
saami 1,2–2,5%
polacos 1,4%. Unha gran variedade de etnias de 219 países representan o 12% (2012).[ 26]
Países Baixos
neerlandeses
80,7%
frisóns 3%
outros europeos 5%, indonesios 2,4%[ 27] turcos 2,2%, surinameses 2%, marroquís 2%, iranianos 1%[ 28] caribeños 0,8%, outros 4,8% (estimación de 2008)
Polonia
polacos
97%
alemáns 0,4%, belarusos 0,1%, ucraínos 0,1%, outros (silesianos , lituanos prusos e caxubios ) 2,7%, e arredor de 5 000 xudeus polacos. (censo de 2002)
Portugal
portugueses
95%
falantes de mirandés 15 000~
outros europeos 5% - (españois, británicos, alemáns, franceses, romaneses, búlgaros, maxiares e croatas, ucraínos, moldovos, rusos, serbios e albaneses); africanos, brasileiros, chineses, indios, xitanos e latinoamericanos.
Reino Unido
británico
>85%
formado por ingleses : ca. 75-80% escoceses : 8,0%, galeses : approx. 4,5%, irlandeses do norte: 2,8%, tamén córnicos , manx , xitanos e insulares da Canle. Inclúe os habitantes de Xibraltar .
afro-británicos, asiáticos, chineses, outros cidadáns europeos, particularmente irlandeses, polacos e franceses.
Romanía
romaneses
83,4%
maxiares (sículos ) 6,1%
xitanos 3,0%, alemáns 0,2%, ucraínos 0,2%, turcos 0,2%, rusos 0,1% (censo de 2011)
Rusia
rusos
80%
tártaros 3.9%, chuvaxos 1%, chechenos 1%, osetos 0,4%, kabardinos 0,4%, inguxos 0,3%, calmucos 0,1%
ucraínos 1,4%, baxkir 1,2%, armenios 0,9%, ávaros 0,7%, mordvinos 0,5% e outros. (censo de 2010).[ 29] [ 30]
Serbia [ 31]
serbios
83%
maxiares 3,9%, xitanos 1,4%, iugoslavos 1,1%, bosníacos 1,8%, montenegrinos 0,9%, e outros 8%. (censo de 2002).
Suecia
suecos
88%
Finlandeses (tornedalianos), saami
Finlandeses, iugoslavos, dinamarqueses, noruegueses, rusos, árabes, siríacos, gregos, turcos, iranianos, iraquís, paquistanís, coreanos, tailandeses.[ 32] [ 33]
Suíza
suízo
79%
subgrupos rexionais, incluíndo falantes de alemán, francés, italiano e romanche.
balcánicos (serbios, croatas, bosníacos ou albaneses) 6%, italianos 4%, portugueses 2%, alemáns 1,5%, turcos 1%, españois 1%, ucraínos 0,5% e outros 1%.
Turquía
turcos
75%
kurdos 18%
Outros 7%: zaza, laz, xudeus, gregos, xeorxianos, circasianos, búlgaros, bosníacos, asirios, armenios, árabes, albaneses e romaneses.
Ucraína
ucraínos
77,8%
rusos 17,3%
belarusos 0,6%, moldovos 0,5%, tártaros de Crimea 0,5%, búlgaros 0,4%, maxiares 0,3%, romaneses 0,3%, polacos 0,3%, xudeus 0,2%, armenios 0,1%, urums 0.1% e outros 1,8% (censo de 2001).
Xeorxia
xeorxianos
84%
osetos 0,9%, abkhazos 0,1%
azerís 6,5%, armenios 5,7%, rusos 1,5%, e outros (xudeus , polacos e kists ): 2,5% (censo de 2002).[ 34]
Notas
↑ Christoph Pan, Beate Sibylle Pfeil (2002), Minderheitenrechte in Europa. Handbuch der europäischen Volksgruppen , Braumüller, ISBN 3700314221 (Google Books, snippet view). Also 2006 reprint by Springer (Amazon, no preview) ISBN 3211353070 . "Minderheitenrechte in Europa" . 5 de decembro de 2015. Archived from the original on 12 de maio de 2016. Consultado o 01 de marzo de 2017 .
↑ Pan and Pfeil (2004), "Problems with Terminology", pp. xvii-xx.
↑ 3,0 3,1 Pan and Pfeil (2004)
↑ Pan and Pfeil (2004) 55 millóns excluíndo os occitanos . Recensement officiel de l'Insee INSEE.fr dá 65 millóns.
↑ Inclúe a ingleses , escoceses , galeses e irlandeses do norte.
↑ Office for National Statistics, ed. (28 de agosto de 2014). "Population by Country of Birth and Nationality 2013: Table 2.1" . Consultado o 15 de abril de 2015 .
↑ ISTAT , ed. (27 de abril de 2012). "15° Censimento generale della popolazione e delle abitazioni" (PDF) (en italiano) . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de decembro de 2018. Consultado o 22 de setembro de 2012 .
↑ Inclúe a cataláns , vascos e galegos . Pan e Pfeil dan a cifra de 31 millóns excluíndo a estes pobos.
↑ Incluíndo as partes europeas de Rusia , non incluíndo a Turquía , Xeorxia e Kazakhstán , excluíndo os microestados con menos de 100 000 habitantes: Andorra , Cidade do Vaticano , Liechtenstein , Mónaco e San Marino .
↑ Porcentaxes de CIA Factbook se non se indica o contrario.
↑ Eastern Europe at the end of the 20th century , Ian Jeffries, p. 69
↑ The Greeks: the land and people since the war. James Pettifer. Penguin, 2000. ISBN 0-14-028899-6
↑ "CIA Factbook 2010" . Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2020. Consultado o 26 de xullo de 2010 .
↑ 14,0 14,1 "Germans and foreigners with an immigrant background" . Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2009. Consultado o 02 de marzo de 2017 .
↑ [1] Arquivado 02 de xuño de 2010 en Wayback Machine ..
↑ Nsi.bg (ed.). "Census 2001, Population by Districts and Ethnic Groups as of 01.03.2001" . Consultado o 26 de agosto de 2010 .
↑ Persoas de orixe dinamarquesa: 4 985 415. Poboación total: 5 511 451 Statistics Denmark
↑ State.gov, ed. (15 de febreiro de 2012). "France" . Consultado o 13 de agosto de 2012 .
↑ World Directory of Minorities and Indigenous Peoples - Italy
↑ [2] .
↑ [3] Non-EU citizens legally residing Jan 2014
↑ "Cittadini Stranieri. Popolazione residente per sesso e cittadinanza al 31 Dicembre 2012 Italia - Tutti i Paesi" . Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2017. Consultado o 02 de marzo de 2017 .
↑ "Италианските българи" (en búlgaro) . 24 Chasa. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2015. Consultado o 02 de marzo de 2017 .
↑ Csb.gov.lv, ed. (18 de xaneiro de 2012). "On key provisional results of Population and Housing Census 2011 | Latvijas statistika" . Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2018. Consultado o 13 de agosto de 2012 .
↑ "Populstat.info" . Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2009. Consultado o 02 de marzo de 2017 .
↑ "Personer med innvandringsbakgrunn, etter innvandringskategori, landbakgrunn og kjønn. 1. januar 2012" . Arquivado dende o orixinal o 18 de setembro de 2012. Consultado o 02 de marzo de 2017 .
↑ http://www.safecom.org.au/dutch-moluccans.htm
↑ https://www.internations.org/netherlands-expats/iranians
↑ "Официальный сайт Всероссийской переписи населения 2010 года. Информационные материалы об окончательных итогах Всероссийской переписи населения 2010 года" . Arquivado dende o orixinal o 30 de abril de 2020. Consultado o 02 de marzo de 2017 .
↑ "Всероссийская перепись населения 2010. Национальный состав населения РФ 2010" . Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2021. Consultado o 02 de marzo de 2017 .
↑ Excluíndo a República de Kosovo
↑ "SCB.se" . Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2008. Consultado o 02 de marzo de 2017 .
↑ "SCB.se" . Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2011. Consultado o 02 de marzo de 2017 .
↑ [4] Arquivado 16 de outubro de 2015 en Wayback Machine ..