Pobo sorbio

Pobo sorbio
Traxes tradicionais sorbios.
Poboación
Poboación total:
60 000[1]-70 000[2] (estimado)
Rexións principais:
Alemaña Alemaña60 000
República Checa República Checa2 000[3]
Polonia Poloniamenos de 1 000
Aspectos culturais
LinguaSorbio (Alto sorbio e baixo sorbio) e alemán
RelixiónMaioría católica e minoría luterana
Grupos
relacionados
polacos, silesianos e checos

Os sorbios[4] ou sorabos[5] (en alto sorbio: serbja, en baixo sorbio: serby, en alemán: sorben), son un grupo étnico eslavo que habitan en Lusacia, unha rexión dividida entre Alemaña (os estados de Saxonia e Brandenburgo) e Polonia (as provincias de Baixa Silesia e Lubusz). Segundo Constantino VII, os serbios dos Balcáns teñen a mesma orixe que os sorbios e os caxubios. Tamén di que os serbios habitaron as áreas entre os ríos Elba e Vístula, na costa sur do mar Báltico. Tradicionalmente falan a lingua sorbia, estreitamente relacionada co polaco, o caxubio, o checo e o eslovaco.[6] O sorbio é unha lingua minoritaria oficialmente recoñecida en Alemaña. Os sorbios están xenética e lingüisticamente máis relacionados cos checos e cos polacos. Por mor do proceso de asimiliación cultural entre os século XVII e XX, tódolos sorbios falan alemán dende o século XIX, e as novas xeracións tenden a non falar a lingua. O pobo sorbio está dividido relixiosamente entre católicos (a maioría) e luteranos.

Notas

  1. Catherine Hickley. Germany's Sorb Minority Fights to Save Villages From Vattenfall. Bloomberg. 18 de decembro de 2007.
  2. faqs.org (ed.). "Sorbs of East Germany". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 18 de marzo de 2015. 
  3. luzice.cz (ed.). "Společnost přátel Lužice". Consultado o 18 de marzo de 2015. 
  4. González González, Manuel. "Sorbio". Tergal. Consultado o 02/01/2025. 
  5. "Entrada sorabo-a en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2017. Consultado o 29 de novembro de 2017. 
  6. Helmut Faska. About Sorbian Language Arquivado 06 de outubro de 2014 en Wayback Machine..